1

Circular Marzo 2018

PECHES CONTABLES DO EXERCICIO 2017

Unha vez feita a declaración e resumen de IVA, asi como o modelo 347, vamos proceder os peches contables das sociedades. Para o cal iremos comunicando o resultado que queda na contabilidade e os axustes realizados para presentar as Contas Anuais e o imposto.

REALIZACIÓN DE INVENTARIO POR PARTE DAS EMPRESAS:

Queremos reiterar o que xa contamos en circulares anteriores , con efectos do 31 de decembro, as empresas deben de realizar un INVENTARIO das existencias a prezo de coste que teñan no seu almacén e do valor das obras e servizos que teñan realizadas e que están pendentes de facturación. Estes inventarios deben de remiti-los as nosas oficinas durante o mes de xaneiro, quedando a vosa disposición para calqueira aclaración.

PLAN DE PREVENCION DE RISCOS LABORAIS

Recordamos que as Empresas con asalariados teñen que ter feito o Plan de prevención de Riscos laborais, que se renova anualmente. No caso de que non se teña ou non se renove incurrirase nunha infración grave que conta cunha sanción importante. Nos consta que a inspección de Traballo está a facer comprobacións as empresas para ver si contan con él. Para maior información contacten con Nós.

SUBVENCIONS: AUTONOMOS, TURISMO E OUTRAS:

Como xa comunicamos na anterior circular siguense publicando no DOGA varias subvencións e axudas da Xunta. Entre elas destacamos as seguintes:
1.- SUBVENCIONS DE AUTONOMOS:
• Ser demandante de emprego.
• Periodo subvencionable: as altas na S.Social que se formalicen dende o 01/10/2017 ata o 30/09/2018.
• Cuantía: de 2.000 a 4.000 euros dependendo do colectivo o que se pertenza.

2.- SUBVENCIONS CONTRATACION:

Axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas:
1.- Persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais pola primera contratación que realicen con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade.
2.- Persoas traballadoras autónomas ou persoas pola segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido durante os tres primeiros anos de actividade.

3.-SUBVENCIONS PARA MELLORA DE INFRAESTRUCTUAS TURISTICAS:

Subvencións para bens de equipamentos con instalacións fixas ata un investimento de 100.000 euros, sendo o importe máximo subvencionable o 35%.

4.- OUTRAS SUBVENCIONS

Pola creación, ampliación, mellora de proxectos no rural e non agrarios e zonas de Grupo de Desenvolvemento Rural.
Para maior información contactar con Nós.