1

Circular Setembro 2018

SOCIEDADES MERCANTÍS: Posta a disposición da contabilidade e contas anuais 2017

A partires do mes de agosto e no caso de estar interesados, poden solicitarnos Informe da Situación, a Contabilidade e as Contas Anuais do 2017 no soporte que sexa máis acaído: CD, USB ou ficheiro en correo electrónico. Nalgunhos casos enviaremos o informe para que o teñan presente.
En todo caso, poden solicitalo cando vostedes queiran co límite máximo de cinco anos. E aproveitamos para informalos de que no caso de que deixaramos de prestar servizos profesionais con vostedes, poden demandarnos a eliminación distes datos en calquera momento.

PERIODO DE VACACIONS DO PERSOAL DA OFICINA:

Recordamos que durante o mes de agosto e setembro o persoal da oficina rotará as vacacións e, polo tanto, suxerimos que deben chamar para concertar cita e solicitar xestións e traballos con máis antelación da habitual. En todo caso, as oficinas permanecerán abertas en xornada intensiva de 8:00 a 15:00 H e os servizos estarán atendidos.

SUBVENCIÓNS A AUTÓNOMOS E EMPRESAS EXERCICIO 2018:

Recordamos que siguen vixentes as seguintes axudas:

1.- SUBVENCIÓNS PROMOCIÓN EMPREGO AUTONOMO:
Data de publicación: 26/01/2018
Data remate: 30/09/2018
Cuantía: entre 2.000 e 4.000 euros en función do colectivo o que se pertenza.

2.- FOMENTO DE CONTRATACIÓN MOZOS E MOZAS MENORES DE 30 ANOS: Data de publicación: 13/04/2018
Data remate: 30/09/2018
-Bono contratación: subvención dende 5.000€ para contratación mínima de 12 meses de persoas desempregadas xoves menores de 30 anos.
-Bono formación: para levar a cabo accións formativas que melloren coñecementos e habilidades relacionadas co posto de traballo, dirixido a persoas contratadas por medio desta orde.

3.- FOMENTO A FAVOR DA CONTRATACIÓN E FORMACIÓN DE MULLERES DESEMPREGADAS:
Data de publicación: 27/06/2018
Data remate: 30/09/2018
-Bono contratación: axudas dende 7.000 € por cada muller contratada que cumpra os requisitos.
-Bono formación: incentivarase cunha axuda de ata 1.000 € por cada muller contratada que reciba na sua integridade a formación e cumpra os requisitos.