Todas as publicacións en Categoría

Informacion

Circular 1 de Xullo 2020

1.-PRORROGA DOS ERTES ATA 30 DE SETEMBRO

O sábado 27 publicouse  no BOE a prorroga dos ERTES ata o 30 de setembro nas seguintes condicións:

ERTES TRANSITORIOS: son aqueles que ainda non  iniciaron a súa actividade cos traballadores que se manteñen no ERTE  e que seguirán cobrando o  70% da súa Base Reguladora.

As empresas quedarán exoneradas das súas cuotas  da Seguridade Social no mes de Xullo do 70%, no de agosto do 60%  e  no de Setembro do 35%.

ERTES DE FORZA MAIOR OU PARCIAIS: os que xa iniciaron a súa actividade con algún traballador a exoneración das cuotas serán durante os tres meses do 60% para os traballadores que se rescataron do Erte e do  35% para os traballadores que se manteñen no ERTE.

2.-PRESTACIÓN DE AUTÓNOMOS

Non se manten a prestación extraordinaria que se pagaron por parte das Mutuas durante o Estado de Alarma. Pero si, se manten a exoneración da cuota da Seguridade Social para os que percibiron  esta  prestación do 100% en Xullo, 50% en agosto e 25% en setembro.

Recordamos que en Xuño ainda cobrará esta prestación e non pagará a cuota da Seguridade Social, e xa lle teñen que ter devoltas as cuotas dos meses que se pagaron  durante o Estado de Alarma.

Tamén se poderá Solicitar a PRESTACION ORDINARIA si durante o 3º Trimeste do 2020 reducense nun 75% os ingresos con respecto os ingresos do 3º Trimestre do 2019 e non se teñen Rendimentos netos superiores de 5.818 euros durante o 3º Trimestre 2020.  Esta prestación será do 70% da Base Reguladora aparte da exención da cuota da Seguridade Social.

Existe unha prestación extraordinaria para os traballadores autónomos de temporada, que son aqueles que durante os dous útlimos anos traballaron cinco meses entre marzo e outurbro e non estivera contratadao por conta allea nos dous anos máis de 120 dias. Esta Solicitude deberiase tramitar antes do 15 de xullo e si non se cumpre poderiase renunciar a ela.

Iremos contactando con cada un dos que cumpren os requisitos para acordar si se solicita. O Custe de trámite destas prestacións son de 50€.

3.-AXUDAS IGAPE:

 CHEQUE DIXITALIZACION para hosteleria, Comercio, perruquerias e outras actividades afectadas polo Covid-19. Os investimentos deberán estar comprendidos entre 1.500 e 12.000 euros podendo subvencionara ata o 80%, e polo tanto ata un límite de 9.600, podendo executarse estos entre o 14 de marzo ata 15 de novembro rematando o prazo de solicitude o 30 de setembro.

O Custe de Tramitación desta Subvención serán de 300 euros: 100 o tramitala e 200 na sua concesión.

REACTIVA COMERCIO SEGURO  Comercio polomiudo de todo tipo, peluquerias e salóns de beleza con establecmentos abertos ao público afectadas polo Covid-19.

As  Axudas  destinaranse a medidas de proteción tanto para clientes como para usuarios que terán que ser dun importe entre 300 e 1.200 euros a realizar dende o 15 de marzo ata o 31 de xullo, podendo ser subvencionado ata o 100%.

O Custe de tramitación destas Subvencións é de 60 euros.

4.-NOVA RESOLUCION XUNTA A PARTIR DO 1 DE XULLO

O sábado 27 de setembro foi publicado Resolución da Xunta de Galicia pola que se regulan con máis detalle a situación a partir do 1 de xullo, entre as que se destaca:

1º.- A obrigatoriedade do uso da máscara cando non se poida garantír a distancia de seguridade.

2º.-Como deben actuar os Coros, agrupacións vocais, orquestas, bandas, agrupacións musicais, actividades formativas en conservatorios, escolas de música e danza, celebracións das competicións e eventos deportivos, Festas, Verbenas e eventos populares, así como as atracións de feira.

3º.-Tamén se regula o funcionamento de Discotecas  e restos de establecementos de lecer nocturno.(pub e bares especiais) nos que se contempla que poderán realizar a súa actividade sen superar os 2/3 da sua capacidade, e si teñen terraza a capacidade é do 75%, e o consumo poderá ser en barra ou mesas e si hai pista de baile o límite é de 3m2 por cliente. Clientes e traballadores deberán portar máscara, e istes establecementos deberán levar un rexistro dos teléfonos dos clientes que queiran deixalo para unha maior localización polas autoridades sanitarios no seu caso.

5.-AXUDAS DIPUTACION:

Estanse resolvendo as axudas da Diputación pero ainda non se pagaron. E seguimos esperando as Subvencións do Concello de Ourense.

www.bieito.com

Saúdos

 ASESORIA BIEITO S.L.

Lea máis

PLAN EMEGA DE FOMENTO DO EMPRENDEMENTO FEMENINO

Empresas formadas por mulleres que  inicien a actividade dende 1 ata o  5 de agosto, que cumpran os requisitos e condicións de cada línea e da lei de subvencións de Galicia, podendo ser mediante persoa física ou sociedades mercantiles, laborais, cooperativas, civiles ou Comunidades de bens con domicilio social, fiscal, comercial ou produtivo en Galicia. No caso de sociedades, o capital ten que estar íntegramente subscrito por mulleres e ter administradoras mulleres. As inciativas e proxectos deben ser viables técnicamente, económicamente, financieiramente e así de reflectirse no Plan de Negocios.

REQUISITOS

 

BENEFICIARIAS

Inicien a actividade económica ou formalicen os Plans Innova ou Activa dende 1 de agosto do 2018 e manteñan os postos a crear durante dous anos.
PRAZO DE PRESENTA. 5 DE AGOSTO 2019
TAMAÑO E NATUREZA DA EMPRESA Microempresa ou Pequena Empresa. Non públicas. Nin entidades  sin finalidade lucrativa
TITUALRIDADE E ADMINISTRACION EMPRESAS Nas sociedades a administración debe estar na man de mulleres e o capital suscrito maioritariamente por mulleres e nas micro e pemess debe de estar o 100% de mulleres
INICIATIVA OU PROXECTO Viabilidade técnica, económica ou financieira

PLAN DE NEGOCIO EMPRESARIAL

INCOMPATIBILIDADE Que non recibiran axudas nos últimos tres anos

 

AXUDAS

Líneas En qué consiten Importe axudas e outras
Emprende Promoveer a posta en marcha de novas iniativas con creacion emprego femenino estable propio ou alleo 1 Posto: 8.000

2 Postos: 14.000

3 Postos: 18.000

4 Postos ou máis:20.000

Innova Implantar medidas innovadoras con creacion emprego femenino vinculadao as melloras 1 posto: 12.000

2 potos: 15.000

3 posto: 18.000

4 ou máis postos: 20.000

Activa Reactivación e consolidación de empresas con medidas que non se destruian emprego. Manteñemento de 1 posto: 6.000

Manteñemento de 2 postos: 10.000

Manteñmento de 3 postos: 12.000

Manteñemento de 4 postos: 15.000

ITEF Implantación de iniciativas empresariais de carácter tecnolóxico e cientifico e base tecnolóxico promovidas e con creación de postos femeninos Creación posto promotora: 16.000

Creación dous postos : 25.000

Creación tres postos: 30.000

Creación 4 ou mías: 40.000

Concilia Axuda complementaria para mulleres promotoras e asalariadas. Beneficiarias duna lnea anterior

Concilia promotoras: 3.000

Concilia-asala. Teletraballo:5.000

Lea máis

Bono para as persoas autónomas, persoas físicas ou socios de sociedades

Ata  o 80% do gasto da actividade subvencionada cun máximo de 3.000  euros.

Os autónomos q teñen que contar cunha antigüidade de 42 meses (3,5 anos), sexan persoas físicas ou socios dunha sociedade mercantil ou civil, e nestes casos téñense en conta os datos da sociedade.

Rendemento Neto Reducido/Base impoñible de IS do 2018  < 30.000 €

Facturación  con IVA 2.018 > 12.000

Facturas Xustificativas de gasto ou investimento e xustificantes bancarios entre 3/7 e 31/12

Certificado dixitalà Tramitase electrónicamente. Comunicacións por medio Notifica.gal

Non poden acollerse os que cobraran nas 2 anteriores convocatorias

Os autónomos en réxime familiar.

MELLORA DA COMPETITIVIDADE A TRAVES DOS SEGUINTES:

Linea 1=SERVIZOS Línea 2 = INVESTIMENTO
·         Investigación do mercado

·         Plan de Marketing

·         Plan de Comunicación do negocio

·         Plan estratéxico

·         Plan de crecemento: constitución

·         Plan de reorientación do negocio.

·         Plan de uso das novas tecnoloxías

·         Plan de refinanciación.

·         Compra de maquinaria

·         Compra de ferramentas e utillaxe

·         Reforma do local de negocio(non domicilio habitual do autónomo)

·         Equipos informáticos

·         Rótulos

·         Aplicacións informáticas e páx. Web.

·         Creación de logotipo de negocios

·         Mobiliario

 

Pódense combinar as 2 lineas pero atenderase primeiro a línea 1 e logo a dúas co límite 3.000

Lea máis

REXISTRO DE XORNADA PARA TRABALLADOR@S OBRIGATORIO PARA AS EMPRESAS (Dende 12 de maio de 19)

O RDL 8/2019 establece o rexistro de xornada diaria obrigatorio para tódalas empresas dende o 12 de maio do 2019, establecendo como infracción grave o incumprimento do mesmo.
Mediante o Real Decreto Lei 8/2019, de 8 de marzo, de medidas urxentes de protección social e loita contra a precariedade laboral na xornada de traballo, o Goberno trata de garantir o cumprimento horario nas empresas e facilitar o control do mesmo pola Inspección.

OBRIGATORIEDADE DE REXISTRO DIARIO DE XORNADA
Establecese a obrigatoriedade para as empresas de garantir un REXISTRO DIARIO DE XORNADA, QUE DEBERÁ INCLUIR O HORARIO CONCRETO DE INICIO E FINALIZACIÓN DA XORNADA DE TRABALLO DE CADA PERSOA TRABALLADORA, sin perxuizo da flexibilidade horaria.

Dado que a norma non especifica o medio co que se debe realizar dito rexistro queda en mans da empresa, previa consulta cos representantes dos empregados o modo de documentar dito rexistro, entendemos que pode ser dende reloxos analóxicos de fichaxe ata aplicación informáticas. Hai que ter en conta que ditos sistemas de control non choquen contra o dereito a intimidade e protección de datos.

Poñemos a súa disposición en formato papel un modelo, que debe ser cuberto e asinado tódolos días, no que se rexistran os datos solicitados según o RDL 8/2019, no caso de non optar por medios informáticos ou analóxicos e en falta de negociación sobre o medio de rexistro. Este modelo poderán descargalo na nosa páxina Web www.bieito.com, ou solicitárnolo nas nosas oficinas, e o cal terán que facer copias para cada traballador e mes.

CONSERVACIÓN DO REXISTRO DURANTE 4 ANOS.
A empresa está obrigada a conservar este rexistro durante 4 anos e os traballadores, sindicatos e Inspección terán dereito a poder consultalo.
INFRACCIÓN GRAVE
O non cumprimento da obrigación do rexistro será calificado de infracción grave, polo tanto de 626 a 6.250 euros de multa.
A parte da sanción pode ser obxecto de reclamación por parte do traballador que non esté realizando por algún medio iste seguimento de control horario.

Lea máis

OBRIGA DOS AUTÓNOMOS DE INCORPORARSE O SISTEMA RED

A Orde Ministerial ESS/214/2018, de 1 de marzo que modifica a Orde ESS/484/2013, establece a obriga dos traballadores por conta propia ou autónomos de incorporarse dende o 01 de Outubro o sistema RED para realizar os trámites no ámbito da Seguridade Social por vía electrónica, incluída a recepción e firma das notificacións.

Para cumplir con esta obriga pódese xestionar directamente a través da Sede Electrónica (SEDESS) ou mediante o Sistema RED, na que un autorizado actúa na túa representación. Para optar pola autorización da representación, rogamos contactar con nos o antes posible para iniciar os trámites mediante o Certificado Dixital.

Ampliar Información

Lea máis

FOMENTO DE CONTRATACIÓN MOZOS E MOZAS MENORES DE 30 ANOS

O 13 de Abril publicase no DOGA a Orde do de 27 de marzo de 2018 que establece as bases reguladoras dun programa a favor da contratación e formación de xoves. Inclúense dous tipos de axudas pola contratación de persoas desempregadas xoves menores de 30 anos:

-Bono contratación, subvención dende 5.000€ para contratación mínima de 12 meses de persoas desempregadas xoves menores de 30 anos.

-Bono formación, para levar a cabo accións formativas que melloren coñecementos e habilidades relacionadas co posto de traballo, dirixido a persoas contratadas por medio desta orde.

Ampliar Información

Lea máis

CAMPAÑA DA RENDA 2017 ATA O 2 DE XULLO 2018
OS AUTONOMOS CON ACTIVIDADE EN MAIO-XUÑO
PARA OUTER DATOS DA AEAT NECESITAMOS DNI

Lea máis