1

CIRCULAR ABRIL 2020

SITUACION E CONSECUENCIAS DA PÁNDEMIA COVID-19

Ante a situación da pandemia do COVID-19 e declaración do Estado de Alarma, estamos cunha gran carga de traballo e que todo o persoal da ASESORIA BIEITO está a traballar e dar resposta as xestións dos nosos clientes, conectados de xeito directo desde as nosas casas o máis posible e tendo unhos servizos mínimos rotativos nas oficinas. Pedimos comprensión e desculpas si non somos capaces de atendelos en todas as súas demandas, aínda que o intentamos.

NON ATENDEMOS PRESENCIALMENTE NAS NOSAS OFICINAS!



ESTAMOS A FACER:

Prioridade absolutos de Solicitudes de ERTES: que ven sendo a suspensión de contratos, suspendendo  as nóminas que pasaran a pagar o desemprego o 70% das Bases,  e cotizacións desde o 14 de marzo, ou data de efectos,  e ven sendo a medida de máis calado.

Os autónomos pódense acoller a prestación extraordinaria do 70% da Base de cotización, daqueles que tiveron que pechar e dos que baixen a súa facturación o 75%, aínda non se pode solicitar, para isto teñen que estar o corrente ca Administración. Si teñen débedas teñen que regularizalas antes do 18 de abril.

INFORMACION PERMANENTE POR MEDIO DE WHATSAPP

Desde que se declarou o Estado de Alarma fixemos un esforzo de manter unha información permanente do que viña acontecendo mediante unha lista de Difusión dos nosos Clientes.

Xa levamos dende o ano pasado mandando mensaxes con certa periocidade de Información xeral ou para sectores determinados. Dende o 14 de marzo practicamente levamos enviado información, que tamén colgamos na nosa páxina: www.bieito.com .

Como vimos dicindo para poder recibir esta Información vostede ten que ter gravado o número de Teléfono 649 87 61 69. Si non ten o número gravado non lle chegan as mensaxes xerais, poden chegar algunha individual. Polo tanto nestes momentos é fundamental ter este medio.

DECLARACION DE IVA, PAGO FRACCIONADO, RETENCIONS DE TRABALLO E DE ALUGUERES E PAGO A CONTA DO IMPOSTO DE SOCIEDADES

Durante o mes de abril realizaranse as  declaracións correspondentes ao primeiro trimestre do exercicio 2020.

De momento non foi aumentados demorado os prazos do  1º trimestre do 2020 e hai que presentalos o dia 20 de abril, e os que queiran domiciliar o pago terá que ser o dia 15 de abril, e para poder  presentalos nesa data teriamos que ter toda a documentación o dia 13 o máis tardar.

En principio pódese pedir aprazamento de todas as autoliquidacións, sin. intereses durante os 3 primeiros meses: IVA, RETENCIONS, PAGO FRACIONADO, PAGO A CONTA DE SOCIEDADES…

Deben de dicírnolo canto antes si queren solicitar estes aprazamentos ou fraccionamentos.

Desde distintas organizacións estase a pedir que se demore os prazos do primeiro trimestre.

Deben de ir enviándonos a documentación do primeiro trimestre da seguinte maneira:

  1. Por medios electrónicos: Dropbox, Google drive, correo.2º.
  2. Correo tradicional ou mensaxeria: ORENSERVI ou NACEX.

PECHES CONTABLES, CONTAS ANUALES E LIBROS E LIBROS DAS SOCIEDADES MERCANTILES

Durante o mes de abril deberíanse presentar os libros o Rexistro pero como cambiaron os prazos d e elaboración, aprobación das contas anuais tamén se poderán presentar os libros posteriormente, aínda que o imposto de Sociedades sigue para Xullo.

CAMPAÑA DA RENDA DO 2019

Xa se estableceu o prazo para a presentación dende o un de abril ata o 30 de xuño. En moitos clientes queren presentala porque poderán obter a devolución e ser unha financiación moi oportuna, aínda que non sabemos como de rápido vai actuar a AEAT dada as circunstancias. Priorizaremos a xestión das rentas a devolver.

NOMINAS E BOLETINS DE COTIZACIÓNS

O Boletín de cotización de Seguridade Social que se cargará a finais de marzo irá coma sempre, xa que éo mes de febreiro diste ano. O de marzo que iría ca redución no caso de que se acepte o ERTE cargarase a 30-04.

As Nóminas de marzo irán cos dias de retribución ata data efectos do ERTE, no caso de que se solicitara, e poden que se vexan retrasadas aos primeiros  de abril, porque en principio teriamos que esperar a contestación da Xunta.

A NOSA APORTACIÓN A SITUACIÓN

A dirección de Asesoría Bieito e todo as traballadores queremos aportar a nosa contribución a este momento de crisis polo tanto, non vamos a facturar ningún servizo ou xestión que teña que ver ca solicitude de ERTEs, prestacións extraordinaria de autónomos, baixas ou demais xestión que teñan que ver con esta crisis do CORAVID-19.

O mesmo tempo, que tamén queremos facilitar o pago da nosa factura que se cargará no banco coma sempre, si alguén prefire que a fraccionemos que se dirixa a Nós inmediatamente para comunicalo e acordar a forma e prazos.

FACTURACION DA ASESORIA DO MES DE ABRIL

A facturación das cuotas de traballadores do mes de abril manteñense en funcións dos que están e dos que se solicitou o ERE, xa que ainda que se vaia prorrogar o Estado de Alarma ata o dia 11 de abril é previsible ter que facer nóminas polo periodo restante do mes, no caso contrario se regularizaría.