1

02-02-2022 SUBVENCIONS A PRIMEIRA, SEGUNDA E TERCEIRA CONTRATACION DE TRABALLADORES EN INDEFINIDO PARA AUTONOMOS

Publicaronse no DOGA as subvencións do ano 2022 pola 1ª, 2ª e 3ª contratación indefinida inicial de traballadores exclusivamente para autónomos, que se realicen dende o 01 de outubro de 2021 ata o 30 de setembro de 2022. As contratacións poderán ser a  xornada completa ou parcial. Os requisitos a cumprir son manteñer a persoa contratada así como as traballadoras fixas da plantilla durante 18 meses, podendo ser sustituida no caso de ser baixa por outra das mesmas características. A responsable laboral da sua empresa porase en contacto con vostedes para informarlle que traballadores cumpren os requisitos a día de hoxe para poder acollerse a subvención, e para que tomen a decisión. Asimesmo aqueles que queiran contratar xa inicialmente a novos traballadores, se están interesados deben de contactar con nós para faguernolo saber. As subvencións poden ir dende 4.000 a 16.250 euros para primeira contratación ou 6.500 a 22.500 euros para a segunda ou terceira segundo as características e circunstancias, e tamén lle informaremos do custe da solicitude e tramitación da mesma.

Informámolos que estas subvencións concedense ata que se agota o orzamento asignado, e nos iremos tramitando na medida que temos a sua confirmación e que recabemos toda a documentación, non podendo garantir si vai chegar o orzamento.