1

05-01-2022 SUBVENCION BONO AUTONOMO XUNTA

Publicáronse as Subvencións de *Bono autónomo* a solicitar entre o 14 de xaneiro e 14 de febreiro para gastos de mellora de competitividade e pequenos investimentos con subvención de ata o 80%  cun máximo de 3.000 euros. Estas subvencións son para autónomos persoas físicas ou autonómos de sociedades que teñan *antigüidade de 42 meses, facturen máis de 12.000 €/ano e  un beneficio inferior a 30.000 euros*.

Debido as peculiaridades desta subvención Nós non vamos tramitalas pero podemos derivalos a una empresa colaboradora para que os informe e lles faga a solicicitude. Aconsellámoslles de que contacten con esta empresa para ter preparada a documentación da solicitude para o día 14  xa que é previsible que se remata o presuposto desta subvención de xeito inmediato.