10-02-2022 SEGURO DE CONVENIO OBRIGATORIO
Este mes lembrámoslle a importancia de ter en vigor a póliza do seguro de accidentes de convenio obrigatorio por ley, xa que é responsabilidade do empresario velar que os seus traballadores desenrrolen a actividade nas mellores condicións de seguridade e prevención. O incumprimento da obriga pode considerarse unha falta moi grave que acarrea importantes multas, de ata 187.000 euros, ademáis de asumir co patrimonio da empresa os custos e indemnizacións no caso dun accidente de traballo, poñendo con elo en perigo a estabilidade financeira da empresa, polo que deberán revisar si a póliza que teñen suscrita actualmente está actualizada con tódalas coberturas. No caso de que queiran que os informemos mais ampliamente diste seguro poden contactar con nós.
Asimesmo, aconsellámoslles que valoren os riscos que se poidan derivar polo desempeño da súa actividade e que conten co correspondente seguro para distintas continxencias, especialmente a de responsabilidade civil-profesional.