1

ABERTO O PRAZO DE SUBVENCIÓNS PARA A MELLORA DA IMAXE, MODERNIZACIÓN, ESTABLECEMENTO DE NOVAS FÓRMULAS E MEDIOS DE COMERCIALIZACIÓN NO SECTOR COMERCIANTE RETALLISTA E ARTESÁN GALEGO (IN201H)

Estas axudas teñen por obxectivo a concesión de subvencións para a mellora da imaxe, a modernización e o establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comercial retallista e artesán galego.

 

REQUISITOS PARA COMERCIANTES RETALLISTAS

Que desenvolvan a súa actividade comercial e teñan o domicilio social e fiscal en Galicia.

Que, tendo a condición de PEME, empreguen menos de dez traballadores e non teñan a consideración de gran establecemento comercial.

Que estean dados de alta nalgunha das epígrafes do IAE que se  relacionan no Anexo II e que esta constitúa a actividade principal do solicitante.

Que figuren inscritos no Rexistro Galego De Comercio ou teñan solicitada a súa inscrición antes de rematar o prazo de presentación de solicitudes.

 

REQUISITOS PARA TITULARES DE OBRADOIROS ARTESANAIS

Que o obradoiro artesán figure inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

Que fagan uso da marca Artesanía de Galicia

 

NON SERÁN SUBVENCIONABLES:

› Ordenadores.          › Bolsas, etiquetas e caixas convencionais.

› Impresoras.             › Sistemas de alarma ou similares.

› Televisores.             › Impostos Recuperables.

 

LIÑAS E CONTÍA DAS AXUDAS

LIÑA 1: COMERCIANTES RETALLISTAS:

Acondicionamento de locais comerciais :

Investimento MÁXIMO subvencionable 10.000 euros (IVE excluído).

Porcentaxe de  subvención: 40%.

Medidas mellora da imaxe exterior, moblaxe e equipamento:

Investimento MÁXIMO subvencionable 5.000 euros (IVE excluído).

Porcentaxe de subvención:  40%.

LIÑA 2: PARA OS COMERCIANTES RETALLISTAS E TITULARES DE OBRADOIROS  ARTESANAIS:

Ferramentas e programas informáticos:

Investimento MÁXIMO subvencionable  4.000 euros (IVE excluído).

Porcentaxe de subvención  50%.

Implantación sistemas empaquetado e etiquetaxe:

Investimento MÁXIMO subvencionable 5.000 euros (IVE excluído).

Porcentaxe de subvención 50%.

Novos sistemas de comercialización que combinen online e offline e implantación e actualización paxinas web:

Investimento MÁXIMO subvencionable 6.000 euros (IVE excluído).

Porcentaxe de subvención 50%.

Sistemas de comercialización que impliquen o uso das redes sociais:

Investimento MÁXIMO subvencionable 8.000 euros (IVE excluído).

Porcentaxe de subvención 50%.

MÁXIMO SUBVENCIONABLE E PRAZO

O investimento máximo subvencionable por beneficiario será para os comerciantes retallistas de 38.000 euros (IVE excluído) e para os titulares de obradoiros artesanais será de 23.000 euros (IVE excluído).

Prazo de presentación de solicitudes remata no prazo dun mes dende a  publicación desta orde: remata o 11 de marzo do 2015.