Circular Marzo 2017
PECHE CONTABLE DO 2.016:
Continuamos cos peches das contabilidades do exercicio 2.016 cos datos que fomos informando durante o presente mes.
As sociedades deberán traer os extractos bancarios ata o 31/12/16 para o peche do exercicio, así como o inventario de existencias e obras en execución.
DECLARACION DE BENS E DEREITOS NO ESTRANXEIRO
Durante os meses de xaneiro, febreiro e marzo do 2.017 hai que declarar os bens, contas bancarias, seguros, productos financieiros e demáis dereitos que estén no estranxeiro e que superen os 50.000 euros de valor, ou que variaran en 20.000 con respecto ao ano pasado.
CAMBIOS LEXISLATIVOS PREVISTOS PARA 2017
Está previsto que nestes primeiros meses do ano haxa algunhos cambios de normativas que poden verse afectados por eles e que os medios de comunicación xa levan anunciando. Varios cambios que poden afectar os autónomos que xa están dados de alta como os que teñan previsto facelo neste ano, o límite dos pagos efectivos dos 1.000 euros que vai entrar próximamente.
Tamén xa se aprobou a rebaixa do Imposto de Transmisións e Actos Xuridicos para adquirir vivenda habitual nalgunhas parroquias do rural galego para mozos, familias numerosos e discapacitados.
SUBVENCIONS DA XUNTA
Ainda están sin publicar as subvencións habituais da Xunta de Galicia para o autoemprego.
Sí, xa se publicaron axudas para empresas que contraten desempregados nas unidades formativas e logo queden nas empresas. Estas están orientadas aquelas empresas que cumpren requisitos e teñen a capacidade de xestionar obradoiros e unidades formativas.
Para contratación de persoal asalariado tamén existen as subvencións habituais, especialmente si son traballadores con discapacidade.
Sen outro particular, aproveitamos para enviar un saúdo.
Read more