Circular Xuño 2017
Ourense a 25 de maio do 2017
REXISTRO XORNADA LABORAL, OBLIGATORIEDADE PARA TEMPOS PARCIAIS E HORAS EXTRAORDINARIAS.
O Tribunal Supremo (TS) limita a obriga de que as empresas leven a cabo un rexistro diario de horas traballadas por cada empregado, establecida pola Audiencia Nacional (AN) na sentencia do 04 de Decembro de 2015. No seu lugar, interpreta o artigo 35.5 do Estatuto dos Traballadores (ET) no sentido de que as empresas unicamente deben anotar as horas extraordinarias e contratos a tempo parcial.
DECLARACIÓN DA RENDA DO EXERCICIO 2.016.
Recordamoslles que continuamos coas declaracións do I.R.P.F. do exercicio 2016. Deben de remitirnos a documentación antes do día 15/06/2017 xa que o día 25/06/2017 remata o prazo para domiciliar aquelas declaracións que sexan a ingresar.
XORNADA INTENSIVA DAS OFICINAS A PARTIR DO 19 DE XUÑO.
A partir do luns dia 19 de xuño, iniciaremos a xornada intensiva de verán cun horario de 8 da mañá ata 15 da tarde.
REALIZACION DE XUNTA XERAL A 30-06-2017.
Como se ven facendo durante istes anos a Xunta Xeral de aprobación de Contas do 2.016 e de proposta de reparto de resultados das sociedades mercantis celebrarase con carácter xeral o dia 30-06-2017, xa que esta data será a que se terá en conta para depositar as Contas Anuais no Rexistro mercantil no prazo de 30 días. Si vostedes queren celebrala con outra data fagannolo saber.
Desta Xunta Xeral ordinaria de aprobación de Contas se levanta Acta que a deben de asinar todolos asistentes, a sabendas de que os Administradores van asinar certificación de que a acta foi asinada para depositala no Rexistro mercantil. Os administradores deben de estar pendente de que se cumpra esta formalidade
MELLORA DO SISTEMA TELÉFONICO
RESPONSABLE | TENO DIRECTO | EXTENSION CHAMA |
BEGOÑA | 988 617 648 | 7177845962001 |
PEPITA | 988 602 935 | 7177845962002 |
BEATRIZ LABOR | 988 609 163 | 7177845962003 |
BEA FISCAL | 988 269 716 | 7177845962004 |
CARMEN | 988 606 822 | 7177845962005 |
NIEVES | 988 269 717 | 7177845962006 |
CRISTINA | 988 617 287 | 7177845962007 |
ANA MARIA | 988 617 327 | 7177845962008 |
Melloramos o Sistema telefónico para poder prestarlle mellores servizos. Manteñense os mesmo números para chamarnos, simplemento e cando reciba unha chamada nosa aparecerá un número distinto con extensión que pode remarcar para chamar directamente a quén o chamou.
Read more