Circular Agosto 2017
Novas medidas legais: Lei de Autónomos:
Como xa informamos en circulares anteriores estamos pendentes da entrada en vigor da lei de Autónomos que ten beneficios para os novos autónomos como para os que xa están dados de alta. Así mesmo, tamén se ten anunciado dende a Xunta de Galicia medidas para complementar axudas os autónomos que poden ser de interés. Estaremos pendentes destas medidas e iremos informándolles na medida que sexan de aplicación.
En todo caso, si están interesados en algunhas destas medidas que foron difundidas de xeito xeral polos medios, poden ir comunicando con nós para poder estudar a súa aplicación.
Sociedades mercantís: recollida de contabilidade e contas anuais 2016
A partires do mes de agosto e no caso de estar interesados, poden solicitarnos Informe da Situación, a contabilidade e as Contas Anuais do 2016 no soporte que sexa máis acaído: CD, USB ou ficheiro en correo electrónico. Nalgunhos casos enviaremos o Informe para que o teñan presente.
En todo caso, poden solicitalo cando vostedes queiran co límite máximo de cinco anos. E aproveitamos para informalos de que no caso de que deixaramos de prestar servicios profesionais con vostedes, poden demandarnos a eliminación distes datos en calquera momento.
Vacacións
Recordamos que durante o mes de agosto e setembro o persoal da oficina rotarán as vacacións e, polo tanto, suxerimos que deben chamar para concertar cita e solicitar xestións e traballos con máis antelación da habitual. En todo caso, as oficinas permanecerán abertas en xornada intensiva de 8:00 a 15:00 e os servizos estarán atendidos.
Envío de documentos
Enviamos informe laboral correspondente ao segundo trimestre do exercicio 2017.
Read more