Actuacións da AEAT:
A AEAT está a facer comprobacións en situ, nos centros de traballo e nos locais de negocio das empresas, para facer unha comprobación Censal de datos básicos que recollen segundo as manifestacións facilitadas polos seus responsables. Inicialmente estas actuacións responden a campañas xenéricas, pero poden derivar nalgunha comprobación e inspección na medida que contrasten estos datos cos que teñen eles outidos doutras fontes.
O mesmo tempo, nestos últimos meses a AEAT continúa intensificando a campaña de comprobación da documentación e soporte informático nas empresas sin previo aviso e nalgunhos casos con ordens xudiciais. Si acontece esto, poñanse en contacto cas nosas oficinas e daremoslles instruccións de cómo proceder.
Sociedades mercantís: recollida de contabilidade e contas anuais 2017
A partires do mes de agosto e no caso de estar interesados, poden solicitarnos Informe da Situación, a contabilidade e as Contas Anuais do 2017 no soporte que sexa máis acaído: CD, USB ou ficheiro en correo electrónico. Nalgunhos casos enviaremos o Informe para que o teñan presente.
En todo caso, poden solicitalo cando vostedes queiran co límite máximo de cinco anos. E aproveitamos para informalos de que no caso de que deixaramos de prestar servicios profesionais con vostedes, poden demandarnos a eliminación distes datos en calquera momento.
Vacacións
Recordamos que durante o mes de agosto e setembro o persoal da oficina rotarán as vacacións e, polo tanto, suxerimos que deben chamar para concertar cita e solicitar xestións e traballos con máis antelación da habitual. En todo caso, as oficinas permanecerán abertas en xornada intensiva de 8:00 a 15:00 e os servizos estarán atendidos.
Envío de documentos
Enviamos informe laboral correspondente ao segundo trimestre do exercicio 2018.
Read more
FACTURAS DE “CANJE”
A posibilidade de que si unha empresa ten facturas simplificadas ou tickes dun gasto para poder deducilo, pódese solicitar o acredor correspondente que se faga unha factura completa con todos os datos e identificado a empresa para que poida deducirse legalmente. Isto pódese facer durante o prazo de catro anos e na factura debería reflectirse os datos do tiket, tal como establece o artigo 164.Un.3º da lei 37/1992.
Para Solicitar este “ canje” debese de remitir as facturas ou tickes orixinais, ou unha dixitalización certificada acreditada ante AEAT( Exe. Tradise Paperless)
En principio, non supón ningún cambio en libros nin en impostos.
A SOLICITUDE DO “CANJE” DAS FACTURAS DIRECTAMENTE OU POR MEDIO DE EMPRESS ESPECIALIZADA
Esta Solicitude pode facelo directamente a empresa(autónomo) interesada ou por medio de empresas especializadas que se adican o xestión do gasto e que se encargan de facelo,( Exe. 60 días SL e outras) incluso estas empresas poden acollerse a facturación de terceiros que quere dicir que para facilitarlle o traballo o acredor fan iles as facturas e envíana a empresa interesada do “canje”, sempre e cando asinen un convenio, para o cal deben de facer unha serie específica para cada destinatario. Si o empresario decide contrata a unha destas empresas e asinar o convenio débenolo facer saber e remitirnos esas facturas para incorporalas os libros, e, si as fai directamente a empresa obrigada, igualmente deberá remitilas para incorporalas.
Evidentemente, estas empresas de xestións do gasto cobrarán polos seus honorarios
FACTURAS RECTIFICATIVAS
SUPOSTOS:
- Omisión dalgún dato ou incumprimento dos requisitos das facturas.
- Incorrecta fixación da cuota repercutida
- Concorrencias de circunstancias que dan lugar a modificacións: obrigatorias, como devolución de envases e descontos posteriores as operación, así como modificación do prezo debido a unha esixencia legal, ou cando se deu o prezo provisional; e voluntarias: situación de concurso e cuotas repercutidas incobradas, requiridas ou demandadas, transcorridos os 6 meses ou 12 meses ( Gran empresas IVA).
PROCEDEMENTO:
Realizar unha nova Factura cunha Serie especifica (R), con numeración correlativa, con data actual(antes do 15 do mes seguinte), e na que se faga referencia as Facturas que se rectifican, podendo ser unha ou varias, e non é necesario si se trata de devolución de envases e se fai nunha factura normal posterior.
O Xeito de Rectificala pódese optar entre sustituir a que se rectifica indicando as causas ou complemetar a diferenza, sexan positiva ou negativa.
FACTURAS RECAPITULATIVAS
Pódese incluír nunha só factura distintas operación facturadas o mesmo destinatario, sempre e cando sexan realizadas dentro do mesmo mes natural.
FACTURAS ORIXINAIS E DUPLICADOS
A expedición do orixinal será só de un, e poderase expedir duplicados, onde se indicará “DUPLICADO”, podendo utilizar a mesma factura para varios destinatarios con indicación de Base e cuota que lle corresponde a cada un.
Read more
As dietas deben ser para compensar gastos do persoal cando se ten que desprazar para realizar o seu traballo a outro Concello(D.manutención ) ou incluso no mesmo(D. Locomoción)
Os desprazamentos e permanencias dos traballadores nun mesmo municipio non poden superar os 9 meses
CONVENIO LABORAL E CONTRATO
Terase que partir do que establezca o convenio colectivo para o sector ou empresa, e éstas son obrigatorias como mínimo, podendo pactar máis en contrato, e sempre que se xustifique os motivos e necesidade de desprazarse. Si nonse dán xustificados obrigarase a que se cotize a S.Social e tributen a AEAT.(As cantidades que establecen os convenios están dentro dos límites para estar exentas de cotización e Tributación.
XUSTIFICACION E MOTIVACION DAS DIETAS: Sempre se Terán que acreditar cal é a razón do desprazamento e a pernotación noutro lugar con partes de traballo, facturas, itinerarios e rutas, tacógrofos e outros medios que poidan valer como proba.
Aconsellamos utilizar parte de dietas mesuais por persoa onde quede reflectido data, lugar de desprazamento e motivo cas dietas correspondentesde locomocióna e manuntención
ALOXAMENTO E LOCOMOCION(Non son de Domicilio ó Traballo)
Os gastos de alonxamento en hoteis e hospedaxes, así como os de desprazamentos en servizos públicos deberán de xustificarse ca factura correspondente a nome do persoal . (*)
Si o persoal utiliza o seu vehiculo propio pagaraselle a razón de 0,19 €/ Km.+Peaxe+parking
E si utiliza vehiculos da empresa non procederá aboar dieta de locomoción.
Existe a posibilidade de pagar “Abonos ou vales Trasnporte” ata 1.500/ano desprazamento Casa-traballo
LIMITES E XUSTIFICANTE DE DIETAS MANUTENCION
GASTOS |
E.ESTADO |
ESTRAN |
XUSTIFICACION |
Autónomos incluso directivos sempre pagadas con tarxetas |
Con pernota |
53,34 |
91,35 |
Motivo e lugar |
Sen pernota |
26,67 |
48,08 |
Motivo e lugar |
Transporte mercancias |
15,00 |
25,00 |
Non fai falla |
|
Para traballadores non fai falla xustificar a cuantía e ten que estar dentro dos límites.Para os autónomos si e para «Socios-administradores en réximen de autónomos mellor factura e pago por tarxeta.»
As Facturas a nome do persoal que fixo uso do servizo e a ser posible pagadas polo banco/tarxeta. Existe a posibilidade de pagar de xeito inmediato mediante “ Vales,bonos comedor” ata 11 €/diarios. Teñen que cumprir unha serie de requisitos. Hai empresas no mercado que facilitan iste sistema.Existen outras cuantías para persoal de voo.
ATENCION ESPECIAL PARA DIRECTIVOS DEPENDENTES E AUTONOMOS E CENTROS MOVILES
1.-As dietas de Socios-administradores e directivos autónomos deben de xustificarse, non pasar dos límites, estar ben xustificadas os seus motivos e lugares e pagadas por tarxeta ou banco.
2.-Os Traballadores cunha Relación laboral especial de caracter dependente poderán descontar dos seus ingresos as dietas de manuntención só sen pernotan, así como as de locomoción máis peaxe e parking
3.-Ter en conta que existe a posibilidade de utilizar os gastos de representación para directivos e autónomos administradores ata un limite do 1% do valor neto de negocios.
4.-Os Traballadores contratados para centros móviles e itinerantes acollense tamén o réximen de dietas ainda que non exista desprazamento fora do municipio habitual de traballo pero si o de residencia
PAGO DE GASTOS DIRECTAMENTE POLA EMPRESA
Si a empresa contrata directamente co Titular do Alonxamento, do transporte público ou dos establecementos de hosteleria, deberá solicitar que a factura sexa a nome da empresa, que se indique quen foron os usuarios dese servizo, datas que se fiso uso do servizo que deben correponderse con xornadas de traballo, para logo poder acreeditar a necesidade dese desprazamento e dos gastos que se lle compense. As facturas non se deducen o IVA, e vai como un gasto máis. Recomendable que sexan pagadas polo banco,ainda que non é obrigatorio.
Read more
DECLARACIÓNS 2º TRIMESTRE 2018:
Deben remitirnos as facturas para realizar as declaracións do segundo trimestre do 2018 e no caso das sociedades deben remitirnos tamén os extractos bancarios ata o 30/06/2018.
Recordamoslles que as declaracións se envian a través de internet a A.E.A.T., polo que se reduce o prazo para a presentación dos trimestres, pasando do día 20 de cada trimestre o día 15, polo tanto deben remitir a documentación o antes posibel pois do contrario as declaracións poderán ir presentadas fora de prazo.
ACTAS E DECLARACIONS DE SOCIEDADES E DEPOSITOS CONTAS 2017:
Durante o mes de xullo, deberán asinar as Actas da Xunta Xeral celebrada no mes de xuño, de aprobación de contas que teñen que asinar todolos socios para incluilas no libro de actas.
Ademáis depositaranse as Contas Anuais do 2017 no Rexistro Mercantil, estas terán que ser asinadas polos Administradores e pagarase unha tasa en torno aos 38,75 euros, que pasaremos ao cobro na factura do mes de agosto. O mesmo tempo ata o 26 de xullo haberá que declarar e ingresar o imposto de sociedades na cuantía que xa lle informamos no seu día no caso de que lle resultara a pagar.
SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA BONO AUTONOMO 2018
Volveron sair as axudas para autónomos que leven de alta 42 meses, con rendimentos netos entre 12.000 e 30.000 euros, con dúas líneas de actuacións: unha para diversos plans de negocio, e outra de investimentos: compra de maquinaria, ferramentas, reforma de local, equipos informáticos, rótulos, aplicación informáticas e logotipo.
Si están interesados poñanse en contacto con Nós para informalos.
XORNADA INTENSIVA DAS OFICINAS A PARTIR DO 18 DE XUÑO:
Recordamoslles que a partir do luns día 18 de xuño, iniciamos a xornada intensiva de verán cun horario de 8 da mañá ata 15:00 da tarde.
Read more