1

Circular Outubro 2018

OBRIGA DOS AUTÓNOMOS DE INCORPORARSE O SISTEMA RED A PARTIR DO 01-10-18
Como xa informamos en meses anteriores da Orde Ministerial ESS/214/2018, de 1 de marzo que modifica a Orde ESS/484/2013, establece a obriga dos traballadores por conta propia ou autónomos de incorporarse dende o 01 de Outubro o sistema RED para realizar os trámites no ámbito da Seguridade Social por vía electrónica, incluída a recepción e firma das notificacións.

Para cumprir con esta obriga, pódese xestionar directamente a través da Sede Electrónica (SEDESS) ou mediante o Sistema RED, na que un autorizado actúa na túa representación. Para optar pola autorización da representación mediante Asesoria Bieito SL, rogamos contactar con nos o antes posible para iniciar os trámites mediante o Certificado Dixital e nas condicións establecidas.

ENVIO FACTURAS DO 3º TRIMESTRE DO 2018

Solicitamos nos envien as facturas tanto de ingresos como de gastos correspondentes ao terceiro trimestre. No caso das sociedades deben enviarnos tamén os extractos bancarios ata o 30/09/18 para poder axustar as contabilidades.
RECORDEN que o prazo para presentar os impostos remata o día 15/10/2018 polo que deben enviarnos as facturas antes do día 08/10/2018.

RETOMAMOS O HORARIO

Recordamos que o horario da oficina é:

De lúns á xoves de 8:30 a 14:30 e de 15:30 a 18:00 horas.
Os venres de 8:00 a 15:00 horas.
Para garantír unha atención axeitada e ter unha resposta inmediata deben de quedar ca súa responsabel de laboral ou fiscal, especialmente a partir das 14:30H.

Con esta medida a disponibilidade horaria de lúns o xoves ampliase, podendo ser atendido nunha ampla franxa horaria que vai dende as 8:00 H ata as 19:00 H, ousexa 11 horas, pero sempre que se concerte.