Arquivos

Novembro 2018

Circular Novembro 2018

SEGUNDO PRAZO RENTA 2017

Recordamoslles que na data 05/11/2018 será cargado o segundo prazo da renda do exercicio 2017, daqueles que solicitaron fraccionamento do pago.

PECHE CONTABLE 2018

Convén que vaian facendo as estimacións das facturas pendentes de emitir e de recibir do presente ano para ir preparando o peche contable do exercicio 2018.
A AEAT cada vez está máis esixente nas contas e nas comprobacións e a inspección está a solicitar o INVENTARIO DE FIN DE ANO das actividades para logo intentar estudar e comprobar si cadran as contas.
Recordamos que deben de ser rigurosos na xestión da actividade e deben de coidar que todas as compras que realizan deben de sair como ventas ou estar no inventario de existencias. Esta fórmula é de importancia máxima para que poidan concordar todos os datos contables.
No caso das sociedades deben enviarnos os extractos bancarios ata o 31/10/2018 para poder axustar as contabilidades.

OBRIGA DOS AUTÓNOMOS DE INCORPORARSE O SISTEMA RED A PARTIR DO 01-10-2018

Como xa informamos en meses anteriores da Orde Ministerial ESS/214/2018, de 1 de marzo que modifica a Orde ESS/484/2013, establece a obriga dos traballadores por conta propia ou autónomos de incorporarse dende o 01 de Outubro o sistema RED para realizar os trámites no ámbito da Seguridade Social por vía electrónica, incluída a recepción e firma das notificacións.

Para cumprir con esta obriga, pódese xestionar directamente a través da Sede Electrónica (SEDESS) ou mediante o Sistema RED, na que un autorizado actúa na túa representación. Para optar pola autorización da representación mediante Asesoría Bieito, S.L., rogamos contactar con nós o antes posible para iniciar os trámites mediante o Certificado Dixital e nas condicións establecidas.

ENVIO DE DOCUMENTOS

Enviamos informe laboral correspondente ao 3º T 2018.

image_pdfimage_print

Lea máis