Circular Febreiro 2019
DECLARACION DE OPERACIONS DE MÁIS DE 3.000 € EXERCICIO 2.018:
Durante o mes de febreiro hai que facer a declaración de operacións que superaron os 3.000 euros durante o 2.018. É conveniente que esta declaración sexa coincidente entre os proveedores e clientes, e, polo tanto si queren contrastar algunha operación ou si reciben cartas informativas sobre estas operacións de clientes ou proveedores acheguennolas para telas en conta.
CUOTA DE AUTÓNOMOS PARA 2019
A Seguridade Social ainda non sabe como se vai aplicar a suba da base e do tipo e os axustes das cuotas dos autónomos despois das modificacións feitas para 2019. É probable que se liquide a cuota provisional sin revisións e logo se regularice nos meses seguintes.
SUBIDA DO SALARIO MINIMO A 900 EUROS DENDE XANEIRO DO ANO 2.019
Como xa saberán con efectos do 01-01-2019 aprobouse o Salario Mínimo dos Traballadores á 900 euros/mes de 14 pagas. Polo tanto as nóminas que estén por debaixo desa cantidade vanse incrementar no mes de xaneiro do 2019.
RECORDAMOS A OBRIGA DOS AUTÓNOMOS DE INCORPORARSE O SISTEMA RED A PARTIR DO 01-10-2018
Para aqueles que ainda non o fixeran recordar a obriga dos traballadores por conta propia ou autónomos de incorporarse dende o 01 de Outubro o sistema.
REALIZACIÓN DE INVENTARIO POR PARTE DAS EMPRESAS:
Recordamos o dito na circular de xaneiro de que as empresas deben de facer o INVENTARIO do ano pasado a 31-12-2018.
SUBVENCIONS: AUTONOMOS, EMPRENDEDORES E OUTRAS
Xa sairon algunhas subvencións, e xa se anunciou que entre xaneiro e marzo sairian as demáis subvencións. Entre elas sairon as de todos os anos:
SUBVENCION DE AUTONOMOS:
*Ser demandante de emprego.
*Periodo subvencionable: as altas na S.Social que se formalicen dende o 01/10/2018 ata o 30/09/2019.
*Cuantía: 2.000 a 4.000, podendo incrementase nun 25% máis en función do colectivo.
SUBVENCIONS CONTRATACION:
Axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas.
Persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais pola primera, segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido durante no seu primeiro ano de actividade.
Para maior información contactar con Nós.
Read more