Restriccións de mobilidade As restrincións que entran en vigor mañá na provincia de Ourense son as seguintes:
Mantéñense as restrincións máximas na Rúa e Sarreaus e incorpóranse os concellos de Verín, Monterrei, Castrelo do Val e Cualedro (formando estes catro un perímetro conxunto). Pasa a restrincións de tipo Medio-Alta o Concello de Xinzo de Limia.
Medidas para o Fin de Ano (30 decembro – 1 xaneiro) Dende mañá (día 30) ata o día 1 ás 23:00 horas poderase entrar e sair en todos os concellos, xustificando o desprazamento a lugares de residencia habitual de familiares (non se dice nada de xustificar documentalmente). O horario do toque de queda segue ata as 23:00 horas, salvo o día 31 que se amplía ata a 01:30 (da madrugada do día 1) só para regresar ao domicilio. O día 1 os locais de hosteleria retrasarán a apertura as 11 da mañá. Retrasarase o peche dos locais dos concellos con máis restriccións e de Medio-Alta (Rúa, Sarreaus, Verín, Monterrei, Castrelo, Cualedro e Xinzo de Limia) das 17:00 ás 18:00 horas para sempre. Os encontros familiares recomendan que se limiten á unidade de convivencia. No caso de que sexan de dúas unidades de convivencia, limítase o número de persoas a 10. No caso de que o encontro sexa de máis de dúas unidades, non poderán superar as 6 persoas maiores de 10 anos e 4 menores de 10 anos.
En canto as restrincións que entran en vigor hoxe, na provincia non hai cambio nengún. En canto as Medidas especiais para o Nadal son as seguintes: Dende hoxe ata o día 25 as 23 horas poderase entrar e sair en todos os Concellos, xustificando que se despraza a lugares de residencia habitual de familiares.(non se dice nada de xustificar documentalmente) O horario do toque de queda sigue ata as 23 horas,salvo o día 24 que se amplia ata 1,30 só para regresar ao domicilio. Os Encontros familiares RECOMENDASE que se límiten a unidade de convivencia. No caso de que sexan de dúas unidades de convivencia, limitase o número de persoas a 10. No caso de que o encontró sexan de máis de dúas unidades, non poderan superar o número de 6 persoas, e 4 menores de 10 ano. Para fin de ano se establecerán novas medidas segundo evolución da pandemia. ASESORIA BIEITO
Nas medidas que entran en vigor mañá xoves 17, non hai nengún cambio na provincia de Ourense, seguindo no nivel de Restrincións altas o Concello de Sarreaus e A Rúa e os demáis Concellos no nivel Baixo. En canto as medidas para o Nadal son as seguintes: 1.-Recoméndase celebracións nunha única unidade familiar(convivintes) 2.-En todo caso, nunca superar dúas unidades, nen 6 persoas sin contar os menores de 10 anos. 3.-O Toque de queda mantense pero o 24 e 31 pasa á 1,30 da mañá. 4.-Peche de Galiza entre o dia 23 de decembro e 6 de xaneiro, permitindo o agrupamento familiar. 5.-Manter mascarilla e distancia de 1,5 m durante a xuntaza o máximo posible, e que sexan as mesmas persoas que se xuntan nestes dias, evitando rotacións. 6.-Utilizar o Rexistro de viaxeiros para os que veñan doutros territorios, incluso doutras comunidades con incidencia da pandemia. 7.-Ainda se poden endurecer as medidas. O lúns 21 novos acordos. IMPORTANTE: mañá enviamos circular de interés de medidas económicas por correo electrónicos. CONSULTEAS!!! ASESORIA BIEITO
Hoxe Anunciouse dende A Xunta que dende as 24 horas se modifican as restrincións de catro concellos da provincia . Os Concellos de Ribadavia e Xinzo de Limia pasan do Nivel Medio-Alto ó Básico que supón a eliminación dos peches perimetrais de cada Concello e apertura da hosteleria ata as 23:00 horas cun aforo do 50% en interiores e 75% en exteriores, proibida a atención en barra e no resto das actividades xeralizase o aforo do 50%. Os Concellos de Sarreaus e a Rúa pasan do nivel Básico ó nivel Medio- Alto que supón que se aplica peches perimetrais: non podendo entrar nen sair sin cauxa xutificada, reunións públicas e privadas máximo 4 persoas e en hosteleria aforos no interior ó 30% e no exterior ó 50%, e apertura ata as 17:00 horas. Resto de actividades aforos de 50%. O martes 15 de decembro revisaranse de novo as restrincións e anunciaran as medidas que se van aplicar para o Nadal. ASESORIA BIEITO
Hoxe anunciouse dende a Xunta que dende o venres 4 (incluido), quedan sen restricións de mobilidade os concellos da provincia de Ourense: Ourense, Barbadás e O Pereiro. Nestes Concellos as restricións na hostelería pasan a ser do 50% en interiores e do 75% en exteriores, cun máximo de 6 persoas por mesa e de reunións, convivintes ou non (nivel 4). Nos concellos de Ribadavia e Xinzo de Limia os aforos de hostelería serían do 30% nos interiores e do 50% nos exteriores cun máximo de 4 persoas por mesa, convivintes ou non. Non se permite a mobilidade con estes concellos (nivel2). Os demáis concellos irán encadrados en 4 niveis. O toque de queda sigue as 23:00 horas. Restrínxese a mobilidade con Portugal ata o mércores día 9 de decembro. E quedan pendentes as medidas para o Nadal.
Esta web utiliza "cookies" para optimizar o se uso. Asumimos que estás dacordo pero sempre podes "revocar" o consentimento. OPCIÓNSACEPTAR
Cookie
Type
Duration
Description
No records found
Política de privacidade e cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these cookies, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may have an effect on your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.