Arquivos

Xaneiro 2021

Información COVID-19 27/01/2021

Publicado o DOG das novas medidas que entrarán en vigor hoxe, queremos facer as seguintes aclaracións:

Na orden salen as actividades comerciales que poden estar abertas ata as 21:30 e as que teñen que pechar, en principio ata o 17 de febreiro. Enviamos un documento de tres follas onde na primeira aparecen as de comercio e na 2ª e 3ª as que teñen que pechar.

Entre as actividades que teñen que pechar como as da hostelería especifica horarios e condición de apertura para recoller e vender para domicilio, así como as condicións dos servizos de hostelería en empresas e centros sanitarios-educativos.

PUBLICACIÓN ERTES E PRESTACIÓNS DE AUTONÓMOS: Hoxe publícanse no BOE a prórrogas dos ERTEs e prestacións de autónomos ata maio do 2021, como xa viñemos informando, e xa iremos contactado cos que poden prorrogar e a novedade está que aqueles que prevean que van reducir os ingresos no 1º semestre do 2021 un 50% con respecto o segundo semestre do ano 2019 poderán ser beneficiarios destas prestación. Si están neste caso fáganolo saber.

ADXUNTAMOS a esta mensaxe o Decreto e orden da xunta que entra hoxe en vigor e o documento compromido en tres follas das actividades que poden abrir ata as 21,30 e as que teñen que pechar.

Descarga aquí máis información:

Decreto: Download

Orden: Download

Comercio e actividades a pechar: Download

image_pdfimage_print

Lea máis

Información COVID-19 26/01/2021

Pendente de publicación no DOG as novas medidas a aplicar a partir de mañá 27 de xaneiro e en principio ata o 17 de febreiro:

Restrínxese a mobilidade ó ámbito perimetral de cada concello. Toque de queda as 22:00 horas.

Reunións sociais limitadas ós convivintes.

Comercio: só o esencial ata as 21:30. O resto pechar as 18:00 horas. Os Centros comerciais pecharán o fin de semán.

Hosteleria: peche total ó consumo. Para servir para domicilio ata as 22:00 horas, para levar a domicilio, e poderán abrir comedores de empresa.

Peche entros sociais, comunitarios, clubes de xubilados, biblotecas, ximnasios, museos e espectáculos. Só poden abrir centros de día e residencias.

ERTEs: Ante esta situación recordamos que se poden solicitar os ERTEs por impedimento nos que pagará o SEPE os traballadores e exoneraranse o 100% as cuotas da Seguridade Social.

PRESTACIÓNS DE AUTÓNOMOS: Tamén se poderá solicitar prestacións para autónomos segundo as circunstancias, incluso ainda que se fagan ventas para levar a domicilioE tamén quedarán exoneradas as cuotas o 100%.. Ainda están pendentes de aprobar.

SUBVENCIÓNS XUNTA: Anunciaronse subvencións á hostelería por parte da Xunta con 50MM, na que se quere que participen deputacións e concellos.

ALUGUERES E FINANCIACIÓN: aparte dos que cumpran requisitos que marquen as normas, deben iniciar proceso de negociación con propietarios e bancos.

image_pdfimage_print

Lea máis

Información COVID-19 20/01/2021

Xa publicada no DOG as novas medidas a aplicar a partir de mañá 21 de xaneiro:

Novos concellos da provincia que pasan o nivel de restriccións Máximo-Alto: Celanova, Porqueira, Ribadavia, Transmiras e Vilar de Santos, que se xuntan os que xa estaban de Allariz, Barbadás, Ourense, Monterrei, O Carballiño, Verín e Xinzo de Limia. O resto dos concellos siguen en Nivel Medio-Alto.

A maiores faise unha restricción maior do Concello de Xinzo de Limia podendo só reunirse pública e privadamente conviventes. Só poderán estar abertas as actividade esenciais e polo tanto pecharán temporalmente os establecementos de restauración, cafeterias e e bares (si poderán despachar comida para levar ata as 22:00 horas e servila a domicilio ata as 24:00 horas). Tamén se pechan ximnasios, xogos, bibliotecas, espectáculos públicos e actividades culturais. O Comercio ó 50% do aforo.

ERTES: onte aprobouse no Consello a prórroga dos ERTEs ata o 31 de maio con algunhas melloras, mantendo os requisitos e esixencias como o manteñemento do emprego despois do ERTE durante 6 meses.

PRESTACIÓNS DE AUTONÓMOS: anunciouse un acodo para prórrogar as prestacións de autónomos por cese de actividade ata o 31 de maio si hai unha caída do 50% da actividade e tamén se exonerará o 100% da cuota de autónomo. Non se aplicará de momento a subida prevista para este ano.

image_pdfimage_print

Lea máis

Información COVID-19 13/01/2021

A Xunta acaba de anunciar as novas medidas a aplicar a partir do 15 de xaneiro:

Toque de queda as 22:00 horas.
-Toda a hostelería ten que pechar as 18:00 horas. Pódense facer entregas a domicilio de 18:00 a 22:00.
-O comercio ten que pechar as 21:30 horas.
Reunións públicas e privadas limitadas a un máximo de 4 persoas non conviventes.

Recomendación de moverse soamente polo esencial.

Todos os concellos estarán nun dos dous níveis: Alto e Medio-alto.

Na provincia de Ourense:

-Os concellos do nivel Alto: Ourense, Barbadás, Carballiño, Allariz, Verín, Monterrei e Xinzo de Limia. Peche perímetral individual para cada un destes concellos (elimínase o conxunto de Ourense-Barbadás). Aforo hostelería: interior pechado e nas terrazas o 50%. Aforo máximo no comercio o 30%.

-Os concellos do nivel Medio-alto: o resto. Aforo hostelería: interior 30% e terrazas ó 50%. Aforo máximo no comercio o 50%.

Mantense peche perimetral de Galicia todo o mes de xaneiro.

Anunciouse a prórroga dos ERTEs ata maio e pendentes do que se vai facer coas prestacións.

Un saúdo,
ASESORÍA BIEITO

image_pdfimage_print

Lea máis

Información COVID-19 08/01/2021

A Xunta acaba de anunciar as NOVAS MEDIDAS a aplicar sen determinar se van entrar en vigor mañá sábado 9 ou pasado domingo 10. Dada a importancia preferimos adiantalas:

Na provincia de Ourense pasan ao nível medio-alto os concellos de Ourense e Barbadás con peche perimetral e retricción da mobilidade. Mantéñense neste nivel os concellos de A Rúa, Sarreaus e Xinzo de Limia.

Recordamos que neste nivel a hostelería ten aforos no interior do 30% e no exterior do 50%, a hora de peche as 18:00 e cun límite de reunións de catro persoas non convivintes.

Tamén se manteñen as restriccións máximas perimetrais entre os concellos de Verín, Monterrei, Castrelo do Val e Cualedro. Neste caso, os aforos de hostelería son máis limitados : 0% interior, 50% exterior.

Peche perimetral de Galicia todo o mes de xaneiro. Blindaxe das residencias, prohibindo sair a usuarios e limitando visitas a unha única persoa por semán cada residente. Mantense o toque de queda.

Tamén pasan a nivel alto: Santiago, Ames e Teo, e a medio-alto a almendra de A Coruña.

Esten atentos a entrada en vigor.

ASESORIA BIEITO

image_pdfimage_print

Lea máis

Información COVID-19 05/01/2021

Medidas para o 6 de xaneiro:

Permítese a mobilidade entre Concellos que estén pechados perimetralmente dende as 06:00 as 23:00 horas do día 6 de xaneiro para visitar familiares, non achegados nen amigos (deberá acreditarse dalgún xeito).

En canto as restriccións que entran hoxe en vigor na provincia son as seguintes:

Mantense nas restriccións máximas con restriccións perimetrais entre os concellos de Verín, Monterrei, Castrelo do Val e Cualedro. E, restrincións de Medio-Alta, os concellos de Sarreaus, A Rúa e Xinzo de Limia.

Prorrógase o manteñemento do peche de Galicia do día 6 ó 11 ás 00:00 horas, podendo entrar a visitar familiares ata o dia 6 de xaneiro.

O venres 8 revisaranse estas medidas e tomaranse novas.

Feliz festividade dos Reis Magos!

ASESORIA BIEITO

image_pdfimage_print

Lea máis