Arquivos

Febreiro 2021

Información COVID-19 25/02/2021

INFORMACIONS
Publicado no Doga esta tarde as novas medidas de restrincións na provincia que entran en vigor maña venres 26 son as seguintes:
Establecense tres niveis de restrincións:
NIVEL 1 ; MAXIMAS na que estan tres Concellos: A peroxa, Agudiña e Gomesende. Siguen cas mesmas restrincións que ata agora.Hosteleria pechada, concellos pechados perímetralmente. Reunións só entre conviventes.
NIVEL 2: ALTA na que están os concellos: Viana de Bolo, A Mezquita,Sandiás, Tabodela, A Merca, Celanova, Verea, Bande, Beade, Punxín e Xunqueira de Espadañedo.
A hosteleria só poderá atender ata as 18 horas no 50% da Terraza,nada de interiores e barras. Reunións de ata catro persoas non conviventes, e as mesmas para facer deporte, e abriranse as instalacións deportivas. Permitese mobilidade entre os concellos deste nivel 2 co resto dos concellos de Galicia que estén tamén no nivel 2.
NIVEL 3:MEDIO. O resto dos Concellos.A hosteleria estará aberta ata as 18 horas, no 50% da terraza e no 30% do interior, sin atender na barra. Reunións de ata catro persoas non conviventes. Permitese mobilidade entre os Concellos deste nivel en toda Galiza.
Nos tres niveis se pode vender no establecementos dende as 6:00 ata as 21,30 e lebar a domicilio ata as 24 horas.
Manteñense pechadas as actividades: Pub,Discotecas,Salas de Festas, Cafés espectáculos, Salón de xogos, casinos,bingos, parque de atracións, actividades de lecer,recreativas e espectáculos.
Enviamos enlance para acceder o mapa da TVG e ver restricións de cada Concello:
http://www.crtvg.es/informativos/sanidade-reduce-a-10-os-concellos-que-teran-maximas-restricions-a-partir-do-venres-4823686
Tamén se pública o Plan de hosteleria Segura que enviamos a maiores o Sector de hosteleria.

image_pdfimage_print

Lea máis

Información COVID-19 23/02/2021

1.-Anunciadas as novas restriccións que entrarán en vigor o venres 26 de febreiro. Ainda están pendentes de publicar no DOG con detalle. Enviaremos información nos vindeiros días.

2.-Entre o venres 19 e hoxe 23 de febreiro xa se publicaron as catro Subvencións da Xunta (Plan Rescate II) para as actividades con redución de ingresos do 2020/2019 e peches por ordes de Sanidade. Como xa lle informamos, irémolas solicitando para os que cumpren os requisitos.

3.-Xa están chegando as resolucións das prestación de autónomos e estamos enviándollas aos seus correos. É previsible que cobren nesta semán ou a principios da que ven. Recordamos que cargarán o recibo da cuota de autónomos a excepción das prestacións nas que están exenorados.

4.- As cuotas de autónomos deste mes de febreiro virán cun cargo a maiores correspondente aos atrasos que quedaban pendentes de xaneiro a agosto do 2020 (cantidade pequena que está en función da base).

5.-As axudas para investimentos en terrazas e en sistemas de envío a domicilio que remataban o 28 de febreiro, volvéronse a convocar para o 2021. O venres 19 de febreiro publicouse a posibilidade de solicitar a exención do canon da auga e coeficiente de vertedura que aparecen nos recibos-facturas de auga. Se están interesados na subvención ou na exención deben contactar con nós e ordenarnos a sua xestión.

image_pdfimage_print

Lea máis

Información COVID-19 16/02/2021

Xa publicada no DOG a prórroga das restriccións con algunhas excepcións que entran en vigor mañá día 17 de febreiro ata o día 3 de marzo (ainda que o luns 22 revisaranse):

·Mantense peche perimetral de cada concello e reunións só entre conviventes.

Comercio: mantense aforo ó 50% e poderán estar abertos ata as 21:30. Os centros comerciais pecharán o sábado, domigo e festivos. Excepción dos vinculados a alimentación.

Hostelería: peche total ó consumo. Para servir a domicilio ata as 22:00 horas e para levar a domicilio ata as 24:00 horas. Poderán abrir comedores de empresa e comedores de estación de servizos para conductores profesionais que terán que comer en mesas individuais.

Ter en conta que se están estudando medidas para apertura da hostelería coa implantanción de sistema de control de clientes. (¿Código QR?)

Apertura con aforo do 30%: bibliotecas, arquivos, salas de exposicións, cines, teatros e auditorios.

Apertura de enseñanzas especializadas, idiomas, música: a partir do día 22.

Prestacións de autónomos: Xa se tramitaron segundo fomos informando. Informaremos dalgunhas nos seguintes días.

Subvencións Xunta: estamos pendentes de que se publiquen as axudas anunciadas pola Xunta, previsiblemente nesta semán. Informaremos e xestionarémolas de inmediato.

image_pdfimage_print

Lea máis