27-04-2022 PROTOCOLO DE ACOSO
A normativa en materia de igualdade establece a obriga de tódalas empresas de elaborar un protocolo de prevención de acoso sexual ou por razón de sexo, tamén chamado “Protocolo de Acoso” con independenza do número de traballadores ou do convenio colectivo de aplicación, que articule as medidas necesarias de prevención frente o acoso sexual ou por razón de sexo, establecendo un canal confidencial, rápido e acesible para xestionar as queixas ou denuncias no ámbito interno da empresa, así como o procedemento a seguir no caso de que aconteza.
Nestes días, moitos centros de formación están a contactar coas empresas para ofertarlles este servizo, a través do correspondente crédito de formación da FUNDAE co que contan anualmente tódalas empresas, si ben ainda que se trata de empresas que están acreditadas oficialmente para impartir dita formación, moitas delas soamente lles darán a formación necesaria para que posteriormente sexan vostedes os encargados de elaborar dito protocolo, polo que aconsellámoslles que contacten co seu servizo de prevención, para que sexan eles os encargados de implantar as medidas necesarias en función do tamaño da súa empresa e garantirlles o cumprimento da obriga, podendo contar igualmente coa correspondente bonificación por formación continua.