1

06-05-2022 AXUDAS EXTRAORDINARIAS A AUTÓNOMOS E PEMES PARA ACTIVIDADES ESPECIALMENTE PARALIZADAS POLO COVID PARA 2022

Para aqueles que estén de alta dende 2019, e que neste ano facturaran un mínimo de 4.000 €, e durante o 2021 reduciran os ingresos nun 65% con respecto os do 2019 poderán acollerse a subvencións que van entre 1.000 e 12.000 euros, segundo a facturación.

Quedan excluidas as actividades que tiveron axudas específicas como hostelería, ocio nocturno, Hoteis e aloxamentos, axencia de viaxes, orquestas, pesca e acuicultura.

Prazo de Solicitude ata o 3 de xuño do 2022. Iremos contactando con vostedes si están dentro dos que cumpren os requisitos.