1

CAMPAÑA INSPECCIÓN DE TRABALLO: EXPOSICION A ALTAS TEMPERATURAS

A inspección de traballo está levando a cabo unha campaña para comprobar os riscos derivados da exposición á condicións termo higrométricas extremas nos centros de traballo pola  exposición ás altas temperaturas. Para traballos en interior a temperatura debe estar comprendida entre 17ºC e 27ºC (traballos sedentarios) e entre 14ºC e 25ºC (traballos lixeiros) e no exterior deberán tomarse medidas para que os traballadores poidan protexerse das inclemencias do tempo.

A empresa debe establecer medidas organizativas para evitar que os traballadores sofran golpes de calor tales como: Limitar as actividades mais intensas nas horas centrais do día, establecer rotacións para reducir o tempo de exposición ou adaptar o horario da xornada laboral, posibilitar faguer maior número de descansos en zonas alexadas das fontes de calor e poñer a disposición dos traballadores puntos de suministro de auga fresca. Un golpe de calor pode provocar dende un desmaio ata o falecemento do traballador. Si a inspección advirte o incumplemento do deber de protección das persoas traballadoras en relación con estes riscos específicos, pode ser constitutivo dunha infracción grave ou moi grave sancionable coa correspondente multa de 2.451 € a 49.180 € para as infraccións graves e de 49.181 € a 986.736  para as moi graves.