O mércores 19 de outubro entrou en vigor da nova Lei 18/2022 de Creación e crecemento de empresas
CUESTIONS MÁIS SALIENTABEIS:
1º.-Posibilidade de constituir Sociedades Limitadas dende 1€ de capital en vez de 3.000€.
2º.-Abaratamento de custes e trámites en 24 horas na constitución da S.L.
3º.-Posibilidade de que os autónomos se den de alta e se inscriban no Rexistro como emprendedores de Responsabilidade Limitada, poidan protexer a súa vivenda habitual e bens da empresa das débedas con terceiros.
4º.-Obrigatoriedade de implantar a factura dixital en 24 meses que vai valer para controlar data de emisión, prazo de pagos, modificacións e trazabilidade, polo tanto débense ir incorporando softwares adaptados. Establécense sancións para incumprimentos.
5.-Obrigatoriedade de cumprir prazos de pagos. Si hai morosidade impedimentos para subvencións e contratación de obra pública e posibilidade de aparecer en listado de morosos.
6.-Ampliación da liberalización de actividade exentas de licencia (son máis ben administrativas), cambios na normativa do crowfunding, sociedades en benefico do interés común e inscripción de sociedade civiles. Estas son algunhas das medidas, pero pendente de aprobar o Regulamento, da implantación dos distintos organismos, aparte dos requisitos que se teñen que cumprir para acollerse a elas e das consecuncias que vas ter que asumir.