CAMBIO IMPORTE EXENTO DE KILOMETRAXE E GASTOS DE LOCOMOCIÓN
Con efectos do 17 de xullo increméntase o límite exento de tributar e tamén de cotizar polos gastos de kilometraxe e a indemnización polo uso de vehículo particular pasando de 0,19 a 0,26 euros.
Lembrámoslles unha vez mais que os gastos de locomoción e as dietas de viaxe son retribucións de carácter irregular que responden ós gastos que xenera no traballador a orde empresarial de desprazamento provisional ou temporal a un lugar distinto a aquel onde habitualmente presta os seus servizos ou onde radique o centro de traballo, para efectuar tarefas ou realizar funcións que lle son propias, e que estarán exentas de tributación e cotización sempre que se xustifique a realidade do desprazamento, o lugar e o motivo e non se sobrepasen estes importes, estando suxeitos a gravamen as cantidades que excedan destes límites.