1

NOVO SISTEMA DE INCENTIVOS A CONTRATACION LABORAL DE TRABALLADORES 2023

Con efectos do 01 de setembro entra en vigor un novo sistema de incentivos da seguridade social destinados a favorecer a contratación de persoas desempregadas, poñendo especial interese nas persoas mais vulnerables (persoas de atención prioritaria, con discapacidade, en risco de exclusión social, mulleres víctimas de violencia de xénero, de explotación sexual ou en contextos de prostitución, desempregados de longa duración e persoas xovenes menores de 30 anos con baixa cualificación beneficiarios do SNGX) para promover a contratación indefinida, así como a contratación temporal directamente vinculada á conciliación, ou para incentivar ó tránsito de contratos formativos e de relevo en indefinidos, todo elo para garantir un emprego estable e de calidade.

A novidade da norma é que se trata de bonificacións que pasan de ser unha porcentaxe a ter unha cuantía fixa mensual, que varía dependendo do colectivo ó que pertenza a persoa empregada no momento da contratación.

Entre os requisitos esixidos para aplicar estes incentivos destaca o obriga de manteñemento de emprego do traballador na empresa por un período de 3 anos, encontrarse o corrente no cumprimento das obrigas tributarias e de seguridade social, así como contar co correspondente plan de igualdade no caso de empresas obrigadas legal ou convencionalmente a sua implantación (empresas de mais de 50 traballadores).

Estes incentivos non serán de aplicación cando se trate de contratacións con persoas que nos 12 meses anteriores prestaran servizos na empresa mediante un contrato indefinido, ou nos 6 últimos meses cun contrato temporal; persoas que causaran baixan cun contrato indefinido noutra empresa nos 3 últimos meses; contratacións a tempo parcial cunha xornada inferior ó 50% de xornada e contratacións de familiares ata o segundo grao do empresario ou de quen ostenta o control efectivo dunha sociedade.

Lémbramoslle unha vez mais a importancia que ten que o traballador se encontre inscrito como demandante de emprego no SEPE antes de iniciar a relación laboral con vostedes, ben sexa para estes incentivos, no caso de cumprir, así como para calquer outra axuda que poida sair no futuro e á cal non se poidan acoller por falta do cumprimento deste requisito, e que nos deberán remitir xunto co resto da documentación no momento da alta.