1

23-05-2022 COMPLEMENTO DE FORMACION CONVENIO HOSTALARÍA

Con data do 10 de maio saiu publicado o novo convenio de hostalaría para a provincia de Ourense cunha duración de 3 anos e con vixencia dende xaneiro do 2022 ata o 31 de decembro de 2024. Como novidade no seu artígo 27, as partes signatarias acordan un “complemento compensatorio de formación”, de natureza salarial, para conseguir un sector moderno e competitivo para a consecución dun emprego estable e de calidade dentro do mesmo, que deberán aboarlles aos seus traballadores nunha contía de 25 euros por 14 pagas durante a vixencia deste convenio, aquelas empresas que non cumpran algún destes requisitos:

1.- Non acrediten estar asociadas a unha organización empresarial representativa do sector.

2.- Non acrediten ter un plan de formación a nivel de empresa e formar así aos traballdores.

3.- Non acrediten a súa participación en plans agrupados de formación desenvoltos por algún sindicato.

Polo que, quedamos a espera de que nos confirmen a súa decisión, xa que no caso contrario dito complemento de formación comenzará a devengarse na nómina deste mes de maio, así como nos atrasos de convenio de xaneiro a abril do 2022.