1

01-02-2022 SUBVENCIONS A CONTRATACION TEMPORAL E TRANSFORMACION DE TRABALLADORES EN INDEFINIDO

 Publicaronse no DOGA as subvencións do ano 2022 pola contratación indefinidia inicial, contratación temporal cunha duración mínima de 12 meses e pola transformación de traballador@s temporais en indefinidos, que se realicen dende o 01 de outubro de 2021 ata o 30 de setembro de 2022. Os colectivos incentivados son persoas desempregadas que sexan mozos menores de 30 anos, mulleres, parados de longa duración, discapacitados ou en risco de exclusión social, as contratacións deberán ser a  xornada completa podendo ser a xornada parcial no caso de discapacitados ou en risco de exclusión social. Os requisitos a cumprir son manteñer a persoa contratada durante 18 meses, no caso dos contratos indefinidos, e de 1 ano no caso de contratos temporais, podendo ser sustituidos no caso de ser baixa por outros das mesmas características. A responsable laboral da sua empresa porase en contacto con vostedes para informarlle que traballadores cumpren os requisitos a día de hoxe para poder acollerse a subvención, e para que tomen a decisión. Asimesmo aqueles que queiran contratar xa inicialmente a traballadores destes colectivos, se están interesados deben de contactar con nós para faguernolo saber. As subvencións poden ir dende 2.000 euros a 16.000 euros segundo as características e circunstancias, e tamén lle informaremos do custe da solicitude e tramitación da mesma.

Informámolos que estas subvencións concedense ata que se agota o orzamento asignado, e nos iremos tramitando na medida que temos a sua confirmación e que recabemos toda a documentación, non podendo garantir si vai chegar o orzamento.

Ségenos www.bieito.com