Axudas para a conciliación da vida familiar e laboral dos autónomos 2023
Estas axudas da Xunta van dirixidas a calquer persoa autónoma para que lle permita obteñer unha compensación pola contratación dunha persoa durante un período máximo dun ano, para favorecer a conciliación da sua vida familiar e laboral.
A contratación pode ser, ben sexa finalizado o seu período de descanso por nacemento dun fillo, ou ben en calquer momento no que precisen contar cun apoio no coidado de menores, maiores, ou persoas con discacidade ou dependencia, así como tamén a posibilidade de subvencionar unha parte do custo dos centros ou servizos para o coidado destes últimos.
O tipo de axudas poden ser:
1.- Contratación dunha persoa desempregada por un período mínimo de 6 meses e máximo dun ano, unha vez que rematan o seu período de descanso por maternidade ou paternidade, ou ben tamén para apoiar a persoa autónoma no coidado de menores, maiores, ou persoas con discapaciade ou dependencia. O importe para compensar dita contratación será de 500 euros por mes completo ata un máximo de 6.000 euros.
2.- Subvencionar o 75% do custo dos gastos do centro ou servizo polo coidado de menores, maiores, ou persoas con discapacidade o seu cargo, ata un máximo de 3.000 euros.
Estas axudas estarán vixentes ata o 29 de setembro de 2023.