Realizamos contabilidades segundo o Plan Xeral de Contabilidade, así como rexistros fiscais obrigatorios de IVA e de IRPF, o mesmo tempo que asesoramos sobre estas contas e liquidamos os impostos correspondentes aos que esté obrigada a empresa ou profesional.
As empresas que realizan a contbilidade nas súas oficinas co seu persoal, apoiamolos na operativa diaria , facendolle mais fácil a presentación de impostos, o dia a dia das súas contabilidades e das súas obrigas administrativas.
Para facer realidade esta tarefa como asesoría contable e fiscal de primeiro nivel están os oito profesionais cualificados/as que traballan en Asesoría Bieito. O noso equipo ofrece un alto coñecimento do sistema impositivo e unha forte experiencia financeira e contable que permite ofrecer solucións na área de Xestión Contable e Tributaria a todos os nosos clientes.
Nesta área ofrecemos un servizo que permite ás PEMES externalizar os procesos contabeis e financeiros, de maneira que pode liberar á dirección da empresa para a toma de decisións e ao mesmo tempo, dispor da información detallada e concreta da situación da súa empresa.
Este servizo de asesoría contable complementa e apoia o de asesoría fiscal e tributaria mediante o desenvolvemento avanzado nas seguintes áreas:
- Contabilidade e rexistro contable de persoas físicas
- Contabilidade de sociedades
- Contabilidades de entidades asociativas e sociais
- Libros-rexistros de Contabilidade
- Plans Contables adaptados a empresa
- Contas Anuais
- Cadro de Amortizacións
- Previsións de ingresos e gastos
- Confección dos estados contables de empresa
- Imposto de Sociedades
- I.V.E.
- I.R.P.F.
- Imposto da Renda de Persoas Físicas de non residentes
- Impostos Especiais
- Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados
- Envios telemáticos ante AEAT
- Servizo de envio de notificacións 060
- Incidencias fiscais: altas, baixas e variacións de datos.