Todas as publicacións por

Asesoría Bieito

Información COVID-19 05/03/2021

Publicado no DOG as novas medidas na provincia que entran en vigor hoxe e que son as seguintes:

Todos os Concellos de Ourense están no nivel 3 medio, a excepción de Boborás que se mantén no nivel 2 Alto. Polo tanto, a mobilidade só pode ser entre concellos do mesmo nivel, reunións de 4 persoas non conviventes, aforos de comercio 50% de hosteleria de 50% exterior e 30% do interior(salvo no nivel Alto que non se pode atender no interior) e sigue póndose en marcha o Plan de Hosteleria Segura ainda que se prorrogou a obrigatoriedade dos Carteis e código QR que se ten que por no acceso do local ata o venres 12 de marzo.

Tamén poden descargar a aplicación PassCOVID que vale para escanear o código QR nos establecementos de hostelería e para ter información das medidas por concellos e das áreas nas que se teña interés.

Enlaces de descarga:

-Android: https://play.google.com/store/apps/details?id=gal.xunta.covidpass&hl=es&gl=US

-iPhone: https://apps.apple.com/es/app/passcovid-gal/id1511420042

Un saúdo,
ASESORÍA BIEITO

Lea máis

Información COVID-19 01/03/2021

Trala publicación da orde do plan de Hostelería Segura, establécese que a partir do venres 5 de marzo os establecementos deberán ter un cartel onde se especifica o aforo do local en situación de normalidade e na situación actual, tamén terá un código QR que os clientes escanearán coa aplicación PassCOVID. Este cartel está dispoñible para a súa elaboración na plataforma de: https://turespazo.turismo.gal/es

Adxuntamos aquí a guía rápida da plataforma para facer o cartel. Son 7 pasos explicados de forma sinxela.

Para acceder a plataforma Turespazo hai que estar dado de alta. Para darse de alta na plataforma pedirán os datos do negocio e tamén “Sinatura”. Para cumplimentar este campo de sinatura terán que collela das follas de excel que imos a enviarlles tamén. Hai 3 follas de excel: restaurantes, cafeterias e cafe-bar. Na que lle corresponda segundo o tipo de negocio, atoparán o seu co seu número de sinatura.

Se teñen algunha dúbida, a Xunta pon á disposición do cidadán o teléfono 012.

Un saúdo,
Asesoría Bieito

Lea máis

Información COVID-19 27/02/2021

INFORMACION SOBRE A ORDEN DO PLAN DE HOSTALARIA SEGURA DO 25-11-2021
O máis destacado desta orden que xa enviamos o xoves 25 é o seguinte:
Débese determinar a capacidade máxima dos interiores e exteriores dos establecementos, así como do porcentaxe e capacidade autorizado para cada momento, e débese informar por medio dun Cartél destes datos nas entradas os locais.
Para calcular esta capacidade deberá terse en conta o límite que se establezca na licenza municipal, os m2 útiles-disponibles para clientes entre 1,5 mtrs(consultar art 3 e 4 da orden).
En canto o mobiliario só estará dispoñible o que se poida utilizar e deberá inutilizarse con bandas o que non (como a propia barra).
RASTREXABILIDADE para facilitala o local poderá outer un código QR que os usuarios poderán rexistrarse ca aplicación Passcovid, e tamén poderán facilitar códigos personalizados para os que non teñan esta aplicación.
Tanto para facer carteis Informativos como para outer o código QR podese acceder a plataforma TURESPAZO do SERGAS: https://coro¬navirus.sergas.gal/ .
A orden entrou en vigor onte, pero en canto o Cartel é código QR entra en vigor o venres 5 de marzo 2021.

ASESORIA BIEITO

Lea máis

Información COVID-19 25/02/2021

INFORMACIONS
Publicado no Doga esta tarde as novas medidas de restrincións na provincia que entran en vigor maña venres 26 son as seguintes:
Establecense tres niveis de restrincións:
NIVEL 1 ; MAXIMAS na que estan tres Concellos: A peroxa, Agudiña e Gomesende. Siguen cas mesmas restrincións que ata agora.Hosteleria pechada, concellos pechados perímetralmente. Reunións só entre conviventes.
NIVEL 2: ALTA na que están os concellos: Viana de Bolo, A Mezquita,Sandiás, Tabodela, A Merca, Celanova, Verea, Bande, Beade, Punxín e Xunqueira de Espadañedo.
A hosteleria só poderá atender ata as 18 horas no 50% da Terraza,nada de interiores e barras. Reunións de ata catro persoas non conviventes, e as mesmas para facer deporte, e abriranse as instalacións deportivas. Permitese mobilidade entre os concellos deste nivel 2 co resto dos concellos de Galicia que estén tamén no nivel 2.
NIVEL 3:MEDIO. O resto dos Concellos.A hosteleria estará aberta ata as 18 horas, no 50% da terraza e no 30% do interior, sin atender na barra. Reunións de ata catro persoas non conviventes. Permitese mobilidade entre os Concellos deste nivel en toda Galiza.
Nos tres niveis se pode vender no establecementos dende as 6:00 ata as 21,30 e lebar a domicilio ata as 24 horas.
Manteñense pechadas as actividades: Pub,Discotecas,Salas de Festas, Cafés espectáculos, Salón de xogos, casinos,bingos, parque de atracións, actividades de lecer,recreativas e espectáculos.
Enviamos enlance para acceder o mapa da TVG e ver restricións de cada Concello:
http://www.crtvg.es/informativos/sanidade-reduce-a-10-os-concellos-que-teran-maximas-restricions-a-partir-do-venres-4823686
Tamén se pública o Plan de hosteleria Segura que enviamos a maiores o Sector de hosteleria.

Lea máis

Información COVID-19 23/02/2021

1.-Anunciadas as novas restriccións que entrarán en vigor o venres 26 de febreiro. Ainda están pendentes de publicar no DOG con detalle. Enviaremos información nos vindeiros días.

2.-Entre o venres 19 e hoxe 23 de febreiro xa se publicaron as catro Subvencións da Xunta (Plan Rescate II) para as actividades con redución de ingresos do 2020/2019 e peches por ordes de Sanidade. Como xa lle informamos, irémolas solicitando para os que cumpren os requisitos.

3.-Xa están chegando as resolucións das prestación de autónomos e estamos enviándollas aos seus correos. É previsible que cobren nesta semán ou a principios da que ven. Recordamos que cargarán o recibo da cuota de autónomos a excepción das prestacións nas que están exenorados.

4.- As cuotas de autónomos deste mes de febreiro virán cun cargo a maiores correspondente aos atrasos que quedaban pendentes de xaneiro a agosto do 2020 (cantidade pequena que está en función da base).

5.-As axudas para investimentos en terrazas e en sistemas de envío a domicilio que remataban o 28 de febreiro, volvéronse a convocar para o 2021. O venres 19 de febreiro publicouse a posibilidade de solicitar a exención do canon da auga e coeficiente de vertedura que aparecen nos recibos-facturas de auga. Se están interesados na subvención ou na exención deben contactar con nós e ordenarnos a sua xestión.

Lea máis

Información COVID-19 16/02/2021

Xa publicada no DOG a prórroga das restriccións con algunhas excepcións que entran en vigor mañá día 17 de febreiro ata o día 3 de marzo (ainda que o luns 22 revisaranse):

·Mantense peche perimetral de cada concello e reunións só entre conviventes.

Comercio: mantense aforo ó 50% e poderán estar abertos ata as 21:30. Os centros comerciais pecharán o sábado, domigo e festivos. Excepción dos vinculados a alimentación.

Hostelería: peche total ó consumo. Para servir a domicilio ata as 22:00 horas e para levar a domicilio ata as 24:00 horas. Poderán abrir comedores de empresa e comedores de estación de servizos para conductores profesionais que terán que comer en mesas individuais.

Ter en conta que se están estudando medidas para apertura da hostelería coa implantanción de sistema de control de clientes. (¿Código QR?)

Apertura con aforo do 30%: bibliotecas, arquivos, salas de exposicións, cines, teatros e auditorios.

Apertura de enseñanzas especializadas, idiomas, música: a partir do día 22.

Prestacións de autónomos: Xa se tramitaron segundo fomos informando. Informaremos dalgunhas nos seguintes días.

Subvencións Xunta: estamos pendentes de que se publiquen as axudas anunciadas pola Xunta, previsiblemente nesta semán. Informaremos e xestionarémolas de inmediato.

Lea máis

Información COVID-19 27/01/2021

Publicado o DOG das novas medidas que entrarán en vigor hoxe, queremos facer as seguintes aclaracións:

Na orden salen as actividades comerciales que poden estar abertas ata as 21:30 e as que teñen que pechar, en principio ata o 17 de febreiro. Enviamos un documento de tres follas onde na primeira aparecen as de comercio e na 2ª e 3ª as que teñen que pechar.

Entre as actividades que teñen que pechar como as da hostelería especifica horarios e condición de apertura para recoller e vender para domicilio, así como as condicións dos servizos de hostelería en empresas e centros sanitarios-educativos.

PUBLICACIÓN ERTES E PRESTACIÓNS DE AUTONÓMOS: Hoxe publícanse no BOE a prórrogas dos ERTEs e prestacións de autónomos ata maio do 2021, como xa viñemos informando, e xa iremos contactado cos que poden prorrogar e a novedade está que aqueles que prevean que van reducir os ingresos no 1º semestre do 2021 un 50% con respecto o segundo semestre do ano 2019 poderán ser beneficiarios destas prestación. Si están neste caso fáganolo saber.

ADXUNTAMOS a esta mensaxe o Decreto e orden da xunta que entra hoxe en vigor e o documento compromido en tres follas das actividades que poden abrir ata as 21,30 e as que teñen que pechar.

Descarga aquí máis información:

Decreto: Download

Orden: Download

Comercio e actividades a pechar: Download

Lea máis

Información COVID-19 26/01/2021

Pendente de publicación no DOG as novas medidas a aplicar a partir de mañá 27 de xaneiro e en principio ata o 17 de febreiro:

Restrínxese a mobilidade ó ámbito perimetral de cada concello. Toque de queda as 22:00 horas.

Reunións sociais limitadas ós convivintes.

Comercio: só o esencial ata as 21:30. O resto pechar as 18:00 horas. Os Centros comerciais pecharán o fin de semán.

Hosteleria: peche total ó consumo. Para servir para domicilio ata as 22:00 horas, para levar a domicilio, e poderán abrir comedores de empresa.

Peche entros sociais, comunitarios, clubes de xubilados, biblotecas, ximnasios, museos e espectáculos. Só poden abrir centros de día e residencias.

ERTEs: Ante esta situación recordamos que se poden solicitar os ERTEs por impedimento nos que pagará o SEPE os traballadores e exoneraranse o 100% as cuotas da Seguridade Social.

PRESTACIÓNS DE AUTÓNOMOS: Tamén se poderá solicitar prestacións para autónomos segundo as circunstancias, incluso ainda que se fagan ventas para levar a domicilioE tamén quedarán exoneradas as cuotas o 100%.. Ainda están pendentes de aprobar.

SUBVENCIÓNS XUNTA: Anunciaronse subvencións á hostelería por parte da Xunta con 50MM, na que se quere que participen deputacións e concellos.

ALUGUERES E FINANCIACIÓN: aparte dos que cumpran requisitos que marquen as normas, deben iniciar proceso de negociación con propietarios e bancos.

Lea máis