1

AXUDAS PARA A CONTRATACION DE PERSOAS MOZAS INSCRITAS NO SNGX 2023

Estas axudas da Xunta van dirixidas ás empresas que contraten persoas xovenes desempregadas e inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil mediante contratacións indefinidas, contratos de formación en alternancia ou contratos para o obtención da práctica profesional, tanto para novas contratacións como as feitas ata os seis meses anteriores á publicación da orde. A duración deberá ser como mínimo de 9 meses e a xornada completa. A axuda consiste nun incentivo de 9.000 euros por cada persoa contratada e a empresa, calquera que sexa a modalidade de contratación, deberá contar cun programa de formación en competencias brandas dunha duración mínima de 50 horas por cada contratación.
Estas axudas estarán vixentes ata o 31 de xullo de 2023.