AXUDAS PARA A CONTRATACION DE PERSOAS MOZAS MENORES DE 30 ANOS MEDIANTE CONTRATOS FORMATIVOS 2024
Estas axudas da Xunta van dirixidas ás empresas que contraten persoas menores de 30 anos desempregadas mediante contratos de formación en alternancia ou contratos para o obtención da práctica profesional, tanto para novas contratacións como as feitas dende o 01 de decembro de 2023 ata a publicación da orde. A duración deberá ser como mínimo de 12 meses e a xornada completa. Estas axudas consisten nun incentivo pola contratación que pode ir dende 9.975 euros ata 16.625 euros segundo o grupo de cotización do traballador, ou ben, un incentivo pola formación cando o traballador acade formación en competencias brandas dunha duración mínima de 50 horas, sendo de 1.700 euros para formación presencial, ou 850 euros no caso de teleformación.
Estas axudas estarán vixentes ata o 30 de setembro de 2024.