Bono Remuda das Persoas Autónomas 2025

Axuda para evitar o peche de negocios por falta de relevo xeracional. O negocio debe ter máis de 5 anos e estar en Galicia. Beneficiarios: autónomos remudistas e aqueles que transmitan o negocio (idade ≥62 anos, incapacidade ou herdanza).
📌 Subvención:
Ata o 75% do prezo do contrato de remuda (sen IVE) en zonas rurais.
Ata o 70% nas demais zonas.
Se se accede por alugueiro, cobre os primeiros 18 meses.
🔹 Oportunidade das Persoas Traballadoras Autónomas 2025
Axuda para quen retome a actividade despois dun intento fallido.
📌 Requisitos:
Alta previa no RETA nos últimos5 anos.
Cotización mínima de 3 meses seguidos.
6 meses de separación entre baixas e novas altas no RETA.
📌 Subvención:
7.500 € (incremento de 500 € para mulleres).
🔹 Axudas para a Conciliación da Vida Familiar e Laboral 2025
Axudas para favorecer a conciliación dos autónomos.
📌 Modalidades:

3️⃣ Bono Concilia I: Contratación de subsitución por maternidae, paternidade ou lactancia.
1.100 €/mes durante a baixa.
Incentivo de ata 9.000 € por contratación indefinida do substituto.
2️⃣ Bono Concilia II: Contratación indefinida para coidados familiares.
Ata 9.000 € segundo colectivo.
3️⃣ Bono Concilia III: Servizos de coidado (menores, maiores, discapacidade).
75% do custo, ata 3.000 €.
📅 Axudas vixentes ata o 30 de setembro de 2025.