Circular Abril 2017
DECLARACION DE IVA, PAGO FRACCIONADO, RETENCIONS DE TRABALLO E DE ALUGUERES E PAGO A CONTA DO IMPOSTO DE SOCIEDADES.
Durante o mes de abril realizaranse as declaracións correspondentes ao primeiro trimestre do exercicio 2017.
Para poder realizar estas declaracións en tempo e con garantías é preciso que nos remitan os documentos, facturas e xustificantes necesarios para a contabilidade o antes posibel. É necesario que antes do dia 08 de abril teñamos no noso poder os documentos xa que, en caso contrario, non podemos garantir a realización das referidas declaracións en prazo, RECORDEN que agora, só temos ata o día 15 para facer os envios telemáticos das declaracións a Axencia Tributaria.
ENVIOS TELEMÁTICOS DE LIBROS DAS SOCIEDADES MERCANTILES
Durante o mes de abril deberán enviarse os libros das sociedades mercantiles ao rexistro, Contas Anuais, Actas e Socios, e para o cal debemos de contar con toda a información para podelos confeccionar.
Esta xestión supón liquidar unas taxas no rexistro que pagamos directamente nós e logo as cargamos nas facturas normalmente no mes de maio e xuño, e polo tanto se verán incrementados os importes habituais.
Recordamos que as sociedades tamén liquidarán o pago a conta do imposto de sociedades, modelo 202, ata o 20 de abril.
SUBVENCIONS AUTONOMOS
Xa se publicaron as subvencións para os autónomos que se deron de alta a partir do 01/10/2016.
Importe da axuda: 2.000 euros que se poden ver incrementados nun 25% dependendo o colectivo o que pertenza ou si a actividade se desenrola nun concello rural.
SUBVENCIONS CONTRATACIÓN INDEFINIDA
Publicaronse as axudas para a contratación INDEFINIDA do primeiro traballador dentro do primeiro ano da actividade.
Importe da axuda: 5.000 euros.
CAMPAÑA DA RENDA DO 2016.
A partir do 5 de abril empezará a campaña da Renda do ano 2.016, sobre todo aqueles que reciban o borrador da AEAT, os contribuintes que teñen actividades económicas, empresariais ou profesionais e que sexan nosos clientes xa temos nós os datos. Si realizaron outro tipo de operación deben de ir recapitulando a documentación para enviarnola, xa que estas declaracións realizaranse durante o mes de maio e xuño.
En todo caso, enviaremoslles unha carta recordando datas e documentación a aportar.
Sen outro particular, aproveitamos para enviarlles un saúdo.
ASESORIA BIEITO S.L