Circular Abril 2018
DECLARACION DE IVA, PAGO FRACCIONADO, RETENCIONS DE TRABALLO E DE ALUGUERES E PAGO A CONTA DO IMPOSTO DE SOCIEDADES.
Durante o mes de abril realizaranse as declaracións correspondentes ao primeiro trimestre do exercicio 2018.
Para poder realizar estas declaracións en tempo e con garantías é preciso que nos remitan os documentos, facturas e xustificantes necesarios para a contabilidade o antes posibel. É necesario que antes do dia 09 de abril teñamos no noso poder os documentos xa que, en caso contrario, non podemos garantir a realización das referidas declaracións en prazo, RECORDEN que agora, só temos ata o día 15 para facer os envios telemáticos das declaracións a Axencia Tributaria.
ENVIOS TELEMÁTICOS DE LIBROS DAS SOCIEDADES MERCANTILES
Durante o mes de abril deberán enviarse os libros das sociedades mercantiles ao rexistro, contas anuais, actas e socios, e para o cal debemos de contar con toda a información para podelos confeccionar.
Esta xestión supón liquidar unas taxas no rexistro que pagamos directamente nós e logo as cargamos nas facturas normalmente nos meses de maio e xuño, e polo tanto se verán incrementados os importes habituais.
Recordamos que as sociedades tamén liquidarán o pago a conta do imposto de sociedades, modelo 202, ata o 20 de abril.
CAMPAÑA DA RENDA DO 2017.
A partir do 5 de abril empezará a campaña da Renda do ano 2.017, os contribuintes que teñen actividades económicas, empresariais ou profesionais e que sexan nosos clientes xa temos nós os datos, ainda que deben remitirnos o borrador que reciban da AEAT. Si realizaron outro tipo de operación deben de ir recapitulando a documentación para enviarnola, xa que estas declaracións realizaranse durante o mes de maio e xuño.
IMPORTANTE para poder acceder os datos que ten a AEAT necesitamos a data de caducidade do DNI
ENVIO DE DOCUMENTOS
Enviamos informe laboral correspondente o exercicio 2017.