1

Circular Abril 2019

DECLARACION DE IVA, PAGO FRACCIONADO, RETENCIONS DE TRABALLO E DE ALUGUERES E PAGO A CONTA DO IMPOSTO DE SOCIEDADES.

Durante o mes de abril realizaranse as declaracións correspondentes ao primeiro trimestre do exercicio 2019.
Para poder realizar estas declaracións en tempo e con garantías é preciso que nos remitan os documentos, facturas e xustificantes necesarios para a contabilidade o antes posibel. É necesario que antes do dia 08 de abril teñamos no noso poder os documentos xa que, en caso contrario, non podemos garantir a realización das referidas declaracións en prazo, RECORDEN que agora, só temos ata o día 15 para facer os envios telemáticos das declaracións a Axencia Tributaria.

ENVIOS TELEMÁTICOS DE LIBROS DAS SOCIEDADES MERCANTILES

Durante o mes de abril deberán enviarse os libros das sociedades mercantiles ao rexistro, contas anuais, actas e socios, e para o cal debemos de contar con toda a información para podelos confeccionar.
Esta xestión supón liquidar unas taxas no rexistro que pagamos directamente nós e logo as cargamos nas facturas normalmente nos meses de maio e xuño, e polo tanto se verán incrementados os importes habituais.

Recordamos que as sociedades tamén liquidarán o pago a conta do imposto de sociedades, modelo 202, ata o 20 de abril.

CAMPAÑA DA RENDA DO 2018.

A partir do 5 de abril empezará a campaña da Renda do ano 2.018, os contribuintes que teñen actividades económicas, empresariais ou profesionais e que sexan nosos clientes xa temos nós os datos, ainda que deben remitirnos o borrador que reciban da AEAT. Si realizaron outro tipo de operación deben de ir recapitulando a documentación para enviarnola, xa que estas declaracións realizaranse durante o mes de maio e xuño.

IMPORTANTE para poder acceder os datos que ten a AEAT necesitamos a data de caducidade do DNI

OBRIGATORIEDADE DO REXISTRO DE XORNADAS LABORAIS

O RDL 8/2019 establece o rexistro de xornada diaria obrigatoria para tódalas empresas dende o 12 de maio do 2019, establecendo como infracción grave o incumprimento do mesmo. Axúntase información mais detallada coas nóminas.