1

Circular Agosto 2018

Actuacións da AEAT:

A AEAT está a facer comprobacións en situ, nos centros de traballo e nos locais de negocio das empresas, para facer unha comprobación Censal de datos básicos que recollen segundo as manifestacións facilitadas polos seus responsables. Inicialmente estas actuacións responden a campañas xenéricas, pero poden derivar nalgunha comprobación e inspección na medida que contrasten estos datos cos que teñen eles outidos doutras fontes.

O mesmo tempo, nestos últimos meses a AEAT continúa intensificando a campaña de comprobación da documentación e soporte informático nas empresas sin previo aviso e nalgunhos casos con ordens xudiciais. Si acontece esto, poñanse en contacto cas nosas oficinas e daremoslles instruccións de cómo proceder.

Sociedades mercantís: recollida de contabilidade e contas anuais 2017

A partires do mes de agosto e no caso de estar interesados, poden solicitarnos Informe da Situación, a contabilidade e as Contas Anuais do 2017 no soporte que sexa máis acaído: CD, USB ou ficheiro en correo electrónico. Nalgunhos casos enviaremos o Informe para que o teñan presente.
En todo caso, poden solicitalo cando vostedes queiran co límite máximo de cinco anos. E aproveitamos para informalos de que no caso de que deixaramos de prestar servicios profesionais con vostedes, poden demandarnos a eliminación distes datos en calquera momento.

Vacacións

Recordamos que durante o mes de agosto e setembro o persoal da oficina rotarán as vacacións e, polo tanto, suxerimos que deben chamar para concertar cita e solicitar xestións e traballos con máis antelación da habitual. En todo caso, as oficinas permanecerán abertas en xornada intensiva de 8:00 a 15:00 e os servizos estarán atendidos.

Envío de documentos

Enviamos informe laboral correspondente ao segundo trimestre do exercicio 2018.