Circular Febreiro 2017
DECLARACION DE OPERACIONS DE MÁIS DE 3.000 € EXERCICIO 2.016:
Durante o mes de febrero hai que facer a Declaración de operacións que superaron os 3.000 euros durante o 2.016. É conveniente que esta declaración sexa coincidente entre os proveedores e clientes, e, polo tanto si queren contrastar algunha operación ou si reciben cartas informativas sobre estas operacións de clientes ou proveedores acheguennolas para telas en conta.
REALIZACIÓN DE INVENTARIO POR PARTE DAS EMPRESAS:
Como xa é coñecido, con efectos do 31 de decembro, as empresas deben de realizar un INVENTARIO das existencias a prezo de coste que teñan no seu almacén e do valor das obras e servicios que teñan realizadas e que están pendentes de facturación. Estes inventarios deben de remiti-los as nosas oficinas durante o mes de xaneiro, quedando a vosa disposición para calqueira aclaración.
CAMBIOS LEXISLATIVOS PREVISTOS PARA 2017
Está previsto que nestes primeiros meses do ano haxa algunhos cambios de normativas que poden verse afectados por eles e que os medios de comunicación xa levan anunciando. Varios cambios que poden afectar os autónomos que xa están dados de alta como os que teñan previsto facelo neste ano, o límite dos pagos efectivos dos 1.000 euros que vai entrar próximamente.
Tamén xa se aprobaron a rebaixa de imposto de transmisións e Actos Xuridicos para adquirir vivenda habitual nalgunhas parroquias do rural galego para mozos, familias numerosos e discapacitados.
SUBVENCIONS DA XUNTA
Ainda están sin publicar as subvencións habituais da Xunta de Galicia para o autoemprego.
Sí xa se publicaron axudas para empresas que contraten desempregados nas unidades formativas e logo queden nas empresas. Estas están orientadas aquelas empresas que cumpren requisitos e teñen a capacidade de xestionar obradoiros e unidades formativas.
Para contratación de persoal asalariado tamén existen as subvencións habituais, especialmente si son traballadores con discapacidade.
Si están interesados en estas axudas ou subvencións non dubiden en poñerse en contacto con nós e xa lle damos a información que precisen.
Ourense a 27 de xaneiro do 2.016.
ASESORIA BIEITO SL