CIRCULAR FEBREIRO 2020
DECLARACIÓN DE OPERACIÓNS DE MÁIS DE 3.000 € EXERCICIO 2.020:
Durante o mes de febreiro hai que facer a declaración de operacións que superaron os 3.000 euros durante o 2.020. É conveniente que esta declaración sexa coincidente entre os proveedores e clientes, e, polo tanto si queren contrastar algunha operación ou si reciben cartas informativas sobre estas operacións de clientes ou proveedores acheguennolas para telas en conta.
CONSECUENCIAS DO BREXIT A PARTIR DO 01-02-2020 NO IVA
As empresas que operen con Gran Bretaña, a partir do 01-02-2020 as operacións que realicen pasaran de ser operacións intracomunitarias a operacións de comercio exterior: exportacións e importacións. Prácticamente non ten grandes cambios xa que as Ventas siguen estando exentas por exportacións, e as compras seran importacións que deberán pagar o IVA nas aduanas ou mediante o réximen diferido.
Deberase estudar as implicacións no demáis impostos e das outras normativas de ámbito non fiscal.
CUOTA DE AUTÓNOMOS PARA 2020
O tipo aplicable para o 2020 dos traballadores que estén no Réximen de Autónomos para o 2020 pasa do 30,00% ao 30,30%, xunto coa suba da Base de cotización ainda por determinar. Para as bases mínimas do 2019 a cuota resultante seria de 286,15 e para a base mínima societaria seria de 367,87 euros.
SUBIDA DO SALARIO MINIMO A 950 EUROS DENDE XANEIRO DO ANO 2.020
Como xa saberán con efectos do 01-01-2020 aprobouse o Salario Mínimo dos Traballadores á 950 euros/mes de 14 pagas. Polo tanto as nóminas que estén por debaixo desa cantidade vanse incrementar no mes de xaneiro do 2020.
REALIZACIÓN DE INVENTARIO POR PARTE DAS EMPRESAS
Recordamos o dito na circular de xaneiro de que as empresas deben de facer o INVENTARIO do ano pasado a 31-12-2019.
OBRIGAS DE FACTURACION E GARDA DE DOCUMENTACION
Enviamos Folla informativa sobre Facturación e garda de Documentación e Ficheiros, que deben de leer con atención e si non entende algunha cuestión póñanse en contacto con nós.
ENVIO DE FOLLA INFORMATIVA DAS PERSOAS RESPONSABLES DA ASESORIA DA SUA EMPRESA
Enviamos unha folla informativa indicando teléfono e correo da persoa responsable da contabilidade-fiscalidade para o ano 2020, e no caso de que teñan traballadores asalariados da persoa responsable laboral. Nalgunhos casos pode ser que se cambien por razóns de cambio de réximen e de reparto de traballo.
Para maior información contactar con nós.