Circular Maio 2018
DECLARACIÓN DA RENDA DO EXERCICIO 2017
Durante o mes de abril empezou a campaña da Renda do ano 2017, sobre todo, aqueles que reciban o borrador da AEAT, os contribuintes que teñen actividades económicas, empresariais ou profesionais e que sexan nosos clientes xa temos nós os datos. Si realizaron outro tipo de operación deben de ir recapitulando a documentación para enviarnola, xa que estas declaracións realizaranse durante os meses de maio e xuño do 2018.
ENVIO DE LIBROS AO REXISTRO MERCANTIL DAS SOCIEDADES
Durante o mes de abril envianse telemáticamente os libros das sociedades mercantís ao rexistro para cumprir coa obriga do seu dilixenciado.
Os libros son os das Contas Anuais, Actas e Socios, neste último caso, si houbo algunha variación ao longo do 2017. O rexistro cobra unas taxas según os libros que se presenten, éstas son aboadas por nós que logo pasamos na factura dos nosos servizos, especificando claramente que se trata déstas taxas motivo polo que se ve incrementada a factura de abril, maio ou xuño, dependendo cando sexan cargadas polo rexistro, nós pasamolas no seguinte mes.
CONTAS ANUAIS 2017
En canto as Contas Anuais do 2017 deben de depositarse no rexistro no prazo dos 30 dias dende a aprobación en Xunta Xeral, que normalmente sempre se celebra sobre o 30 de xuño, e polo tanto terían que depositarse antes do 30 de xullo.
Esta xestión tamén vai traer a liquidación dunhas taxas que nos liquidamos e que posteriormente pasamos por factura nos meses seguintes.
FOMENTO DE CONTRATACIÓN MOZOS E MOZAS MENORES DE 30 ANOS
O 13 de Abril publicase no DOGA a Orde do de 27 de marzo de 2018 que establece as bases reguladoras dun programa a favor da contratación e formación de xoves. Inclúense dous tipos de axudas pola contratación de persoas desempregadas mozos menores de 30 anos:
-Bono contratación, subvención dende 5.000€ para contratación mínima de 12 meses de persoas desempregadas xoves menores de 30 anos.
-Bono formación, para levar a cabo accións formativas que melloren coñecementos e habilidades relacionadas co posto de traballo, dirixido a persoas contratadas por medio desta orde.
OBRIGA DOS AUTÓNOMOS DE INCORPORARSE O SISTEMA RED
Orde Ministerial ESS/214/2018, de 1 de marzo que modifica a Orde ESS/484/2013, establece a obriga dos traballadores por conta propia ou autónomos de incorporarse dende o 01 de Outubro o sistema RED para realizar os trámites no ámbito da Seguridade Social por vía electrónica, incluída a recepción e firma das notificacións.
Para cumplir con esta obriga, pódese xestionar directamente a través da Sede Electrónica (SEDESS) ou mediante o Sistema RED, na que un autorizado actúa na túa representación. Para optar pola autorización da representación, rogamos contactar con nos o antes posible para iniciar os trámites mediante o Certificado Dixital.
NOVEDADES NOVO REGULAMENTO EUROPEO DE PROTECCION DE DATOS PERSOALES
O 25 de maio entra en vigor o novo Regulamento europeo de protección de datos persoais o que se deben de someter todas as empresas e autónomos que teñan obrigación. Para eso deben de contactar con empresas especializadas para informarse si teñen que facer modificacións ou implántalo na súa. Si están interesados en en que lle demos algún contacto poden solicitarnolo.
ENVIO DE DOCUMENTOS
Enviamos informe laboral correspondente ao 1º T do exercicio 2018.