Circular Maio 2020
SITUACION E CONSECUENCIAS DA PÁNDEMIA COVID-19
Como xa dixemos, ante a situación da pandemia do COVID-19 estamos teletraballando, e non atendemos presencialmente nas nosas oficinas, pero poden contactar con Nós polos teléfonos directos, polos correos de cada responsable ou por Whatsapp.
ERTES E PRESTACIÓNS DE AUTÓNOMOS
Xa se solicitaron os ERTES e xa foron aprobados, tamén se solicitaron a prestación de autónomos dos establecementos que se viron obrigados a pechar e xa viñeron aprobados e xa foron pagadosna mairoia dos casos. Faltan por tramitar as prestacións das actividades que reduciron os seus ingresos o 75% que se farán en abril e maio, segundo os casos.
INFORMACIÓN PERMANENTE POR MEDIO DE WHATSAPP
Desde que se declarou o Estado de Alarma fixemos un esforzo de manter unha información permanente do que viña acontecendo mediante unha lista de Difusión dos nosos Clientes. Xa levamos dende o ano pasado mandando mensaxes con certa periocidade de Información xeral ou para sectores determinados.Esta información tamén a colgamos na nosa páxina: www.bieito.com .
Como vimos dicindo para poder recibir esta Información por whatsapp vostede ten que ter gravado o número de Teléfono 649 87 61 69. Si non ten o número gravado non lle chegan as mensaxes xerais, poden chegar algúnindividual. Polo tanto nestes momentos é fundamental ter este medio.
DECLARACIÓN DE IVA, PAGO FRACCIONADO, RETENCIÓNS DE TRABALLO E DE ALUGUERES E PAGO A CONTA DO IMPOSTO DE SOCIEDADES.
Xa se fixeron para os autónomos e pemesque superaran a facturación no 2019 de 600.000 euros. E como xa se dixo, os demáis teñen de prazo ata o dia 20 de maio, e para a súa domiciliación o dia 15.
En canto as actividdes que estan en Módulos poderanse restar os dias do Estado de Alarma, no primeiro trimestre suporia non computar 18 dias e polo tanto os pagos serian do 80,22% do que corresponderia nunha situación normal. Cabe a posibilidade de sairse diste réximen e declarar por Estimación Directa.
Para o 1º pago a conta das Sociedades que tamén se fará o 20 de maio poderiase facer segundo resultados trimestrales do 2020.
CAMPAÑA DA RENDA DO 2019.
Xa empezamos a campaña que en principio remata o 30 de xuño. Non fai falla que se poñan en contacto con Nós, xa que como fixemos a renta do 2018, outemos os datos do 2019 e iremos comunicándolle o resultado o mesmo tempo que contrastamos si ten algúnha cuestión a maiores que declarar.
A súa Responsable irá realizando estas declaracións e contrastando con vostede os elementos tributarios a declarar e xa lle pedirá os documentos ou información que lle faga falla. Para facilitar o traballo mellor esperen que contactemos con vostedes.
RECIBOS DE AUTÓNOMOS, NÓMINAS E BOLETÍNS DE COTIZACIÓNS A S.SOCIAL
Os recibos de autónomos do mes de marzo daqueles que tiveron que pechar ou que reducirón os seus ingresos en 75% do semestre anterior teñen previsto devolvelos pola parte proporcional na segunda quincena de maio.
O recibo de abril destes mesmos establecementos non deberian de cargalo, no caso de que o fagan, devolveriano no mes de xuño. Todo o que compete ao recibo de autónomo vaise facer de oficio por pate da Adminiostración, no caso de que así non sexa xa informaremos de como proceder.
A finais de abril cargaranse os Boletíns de cotización de Seguridade Social que corresponde o mes de marzo. Os que están acollidos a un ERTE só terán que cotizar polos 13 dias e os outros 18 quedaran exentos. Polo tanto farase un boletín de cotización, outro de exención e un resumen. Durante o mes de abril os cálculos e as nóminas dos traballadores en ERTE teñen que facerse igual por moito que non haxa retribución a pagar e os boletíns duplicanse para aplicar a exención, e terán que enviarse certificacións a maiores.
FACTURACION DA ASESORIA DO MES DE MAIO
Xa informamos na anterior circular que os traballos Extraordinarios de xestión e tramitación debidos o COVID-19 non os facturariamos, e só facturariamos as cuotas laborais e contables fiscais correspondentes o mes. En canto a cuota laboral, como xa dixemos, require máis traballos e xestións no caso dos ERTEs.
En canto a cuota contable fiscal está en función das facturas e documentos contables, das declaracións e demáis obrigacións que ten que facer.
Polo tanto se facturaran a mesma cuota durante o segundo trimestre, unha vez feito e si variou sustancialmente poderemos aplicar un desconto.
Sen outro particular, aproveitamos para enviarlles un saúdo.
ASESORIA BIEITO