Novas

Información de interese

Circular Maio 2020

SITUACION E CONSECUENCIAS DA PÁNDEMIA COVID-19

Como xa dixemos, ante a situación da pandemia do COVID-19 estamos  teletraballando, e non atendemos presencialmente nas nosas oficinas, pero poden contactar con Nós polos teléfonos directos, polos correos de cada responsable  ou por Whatsapp.

ERTES E PRESTACIÓNS DE AUTÓNOMOS

Xa se solicitaron os ERTES e  xa foron aprobados, tamén se solicitaron a prestación de autónomos dos establecementos que se viron obrigados a pechar e xa viñeron aprobados e xa foron pagadosna mairoia dos casos. Faltan por tramitar as prestacións das actividades que reduciron os seus ingresos o 75% que se farán en abril e maio, segundo os casos.

INFORMACIÓN PERMANENTE POR MEDIO DE WHATSAPP

Desde que se declarou o Estado de Alarma fixemos un esforzo de manter unha información permanente do que viña acontecendo mediante unha lista de Difusión dos nosos Clientes. Xa levamos dende o ano pasado mandando mensaxes con certa periocidade de Información xeral ou para sectores determinados.Esta información  tamén a  colgamos na nosa páxina: www.bieito.com .

Como vimos dicindo para poder recibir esta Información por whatsapp vostede ten que ter gravado o número de Teléfono 649 87 61 69. Si non ten o número gravado non lle chegan as mensaxes xerais, poden chegar algúnindividual. Polo tanto nestes momentos é fundamental ter este medio.

DECLARACIÓN DE IVA, PAGO FRACCIONADO, RETENCIÓNS DE TRABALLO E DE ALUGUERES E PAGO A CONTA DO IMPOSTO DE SOCIEDADES.

Xa se fixeron para os autónomos e pemesque superaran a facturación no 2019 de 600.000 euros. E como xa se dixo, os demáis teñen de prazo ata o dia 20 de maio, e para a súa domiciliación o dia 15.

         En canto as actividdes que estan en Módulos poderanse restar os dias do Estado de Alarma, no primeiro trimestre suporia non computar 18 dias e polo tanto os pagos serian do 80,22% do que corresponderia nunha situación normal. Cabe a posibilidade de sairse diste réximen e declarar por Estimación Directa.

         Para o 1º  pago a conta das Sociedades que tamén se fará o 20 de maio poderiase facer segundo resultados trimestrales do 2020.

CAMPAÑA DA RENDA DO 2019.

Xa empezamos a campaña que en principio remata o  30 de xuño. Non fai falla que se poñan en contacto con Nós, xa que como fixemos a renta do 2018, outemos os  datos do 2019 e iremos comunicándolle o resultado o mesmo tempo que contrastamos si ten algúnha cuestión  a maiores  que declarar.

A súa Responsable irá realizando estas declaracións e contrastando con vostede os elementos tributarios a declarar e xa lle pedirá os documentos ou información que lle faga falla. Para facilitar o traballo mellor esperen que contactemos con vostedes.

RECIBOS DE AUTÓNOMOS, NÓMINAS E BOLETÍNS DE COTIZACIÓNS A S.SOCIAL

Os recibos de autónomos do mes de marzo daqueles que tiveron que pechar ou que reducirón os seus ingresos en 75% do semestre anterior teñen previsto devolvelos pola parte proporcional na segunda quincena de maio.

O recibo de abril destes mesmos establecementos non deberian de cargalo, no caso de que o fagan, devolveriano no mes de xuño. Todo o que compete ao recibo de autónomo vaise facer de oficio por pate da Adminiostración, no caso de que así non sexa xa informaremos de como proceder.

 A finais de abril cargaranse os Boletíns de cotización de Seguridade Social  que corresponde o mes de marzo. Os que están acollidos a un ERTE só terán que cotizar polos 13 dias e os outros 18 quedaran exentos. Polo tanto farase un boletín de cotización, outro de exención e un resumen. Durante o mes de abril os cálculos  e as nóminas dos traballadores en ERTE teñen que facerse igual por moito que non haxa retribución a pagar e os boletíns duplicanse para aplicar a exención, e terán que enviarse certificacións a maiores.

FACTURACION DA ASESORIA DO MES DE MAIO

Xa informamos na anterior circular que os traballos Extraordinarios  de xestión e tramitación debidos o COVID-19 non os facturariamos, e só facturariamos as cuotas laborais e contables fiscais correspondentes o mes. En canto a cuota laboral, como xa dixemos,   require máis traballos e xestións no caso dos ERTEs.

En canto a cuota contable fiscal está en función das facturas e  documentos contables, das declaracións e demáis obrigacións que ten que facer.

Polo tanto se facturaran a mesma cuota durante o segundo trimestre, unha vez feito  e si variou sustancialmente poderemos aplicar un desconto.

Sen outro particular, aproveitamos para enviarlles un saúdo.

ASESORIA BIEITO

image_pdfimage_print