Circular Marzo 2020
PECHES CONTABLES DO EXERCICIO 2019
Unha vez feita a declaración e resumen de IVA, asi como o modelo 347, vamos proceder os peches contables das sociedades. Para o cal iremos comunicando o resultado que queda na contabilidade e os axustes realizados para presentar as contas anuais e o imposto.
REALIZACIÓN DE INVENTARIO POR PARTE DAS EMPRESAS:
Recordamos que as empresas deben de facer o INVENTARIO do ano pasado a data 31-12-2019.
SUBVENCIONS: AUTONOMOS, BONOAUTÓNOMO,INNOVA, NOVA OPORTUNIDADE, RENOVA, CONCILIA E PROGRAMA DE EMPREGO PARA MULLER
A principio de mes xa informamos do Bono Autónomo que xa estamos tramitando, rematando o prazo o 4 de marzo. Os outros bonos son para casos máis específicos e hai prazo ata o 30-09-20. Tamén sairon as subvencións de programas de emprego para muller.
Entre elas sairon as de todos os anos:
SUBVENCION DE AUTONOMOS:
*Ser demandante de emprego.
*Periodo subvencionable: as altas na S.Social que se formalicen dende o 01/10/2019 ata o 30/09/2020.
*Cuantía: 2.000 a 4.000, podendo incrementase nun 25% máis en función do colectivo.
SUBVENCIONS CONTRATACION:
Axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas.
Persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais pola primera, segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade.
Para todas estas axudas, si estas interesado contacta con Nós para maior información.
ENVIO DE DOCUMENTOS
Enviamos informe laboral correspondente o exercicio 2019.