1

Circular Xaneiro 2017

REGULARIZACION DE CUOTAS PARA 2017

Un ano máis, non  vamos a facer nengún incremento automático de cuotas para o 2.017, a pesar de que o Contrato de prestación de servizos si o permite.

Como xa fixemos  en outras ocasións, vamos a regularizar as cuotas en función da carga  de traballo e da responsabilidade económica da sua empresa ou actividade, especialmente os descontos que se aplicaron durante iste ano 2.016.

De todos os xeitos quedamos a súa disposición para calqueira aclaración ou explicacións que nos requiran.

NOVO E AMPLIO HORARIO PARA UNHA MELLOR ATENCIÓN

Dende o 2017 vamos ampliar o horario da oficina:

De lúns á Xoves de 8,30 á 14,30 e de 15,30 a 18:00 horas.

Os venres de 8:00 á 15:00 hs.

Para garantír unha atención axeitada e ter unha resposta inmediata  deben de quedar  ca súa responsabel  de laboral ou fiscal, especialmente a partir das 14,30 H.

Con esta medida a disponibilidade horaria de lúns o xoves ampliase, podendo ser atendido nunha ampla franxa horaria que vai dende as 8:00 H ata as 19:00 H, ousexa 11 horas, pero sempre que se concerte.

CAMBIOS PARA O ANO 2.017

Xa hai medidas que están aprobados para o ano 2.017 tanto para autónomos, sociedades, que iremos informando según lle vaian afectando. Entre elas está un Sistema de Información inmediata que entra no mes de xullo e que obrigará as empresas a enviar  as facturas a AEAT  no prazo de catro días.

REALIZACIÓN DE INVENTARIO POR PARTE DAS EMPRESAS:

Como xa é coñecido, con efectos do 31 de decembro, as empresas deben de realizar un INVENTARIO das existencias e remitilos as nosas oficinas durante o mes de xaneiro, quedando a vosa disposición para calqueira aclaración.

DECLARACIONS 4º TRIMESTRE 2016:

Solicitamos nos  envien as facturas tanto de ingresos como de gastos correspondentes ao cuarto trimestre para poder realiza-las declaracións antes do día 10/01/2017.

No caso das sociedades deben enviarnos tamén os extractos bancarios ata o 31/12/16 para poder axustar as contabilidades.

Sen outro particular, aproveitamos para enviar un saúdo.

Asesoria Bieito, S.L.