Circular Xaneiro 2018
REGULARIZACION DE CUOTAS PARA 2018
Un ano máis, non vamos a facer nengún incremento automático de cuotas para o 2.018, a pesar de que o contrato de prestación de servizos si o permite.
Como xa fixemos en outras ocasións, vamos a regularizar as cuotas en función da carga de traballo e da responsabilidade económica da sua empresa ou actividade, especialmente aquelas que tiñan alguna redución durante iste ano.
De todos os xeitos quedamos a súa disposición para calqueira aclaración ou explicacións que nos requiran.
CAMBIOS PARA O ANO 2.018
Xa hai medidas que están aprobadas para o ano 2.018, especialmente a entrada en vigor da Lei de autónomos que afecta sustancialmente os que se van dar de alta a partir do 2.018.
REALIZACIÓN DE INVENTARIO POR PARTE DAS EMPRESAS
Como xa é coñecido, con efectos do 31 de decembro, as empresas deben de realizar un INVENTARIO das existencias e remitilos as nosas oficinas durante o mes de xaneiro, quedando a vosa disposición para calqueira aclaración.
DECLARACIONS 4º TRIMESTRE 2017
Solicitamos nos envien as facturas tanto de ingresos como de gastos correspondentes ao cuarto trimestre para poder realiza-las declaracións antes do día 10/01/2018.
No caso das sociedades deben enviarnos tamén os extractos bancarios ata o 31/12/17 para poder axustar as contabilidades.