Circular Xaneiro 2019
REGULARIZACION DE CUOTAS PARA 2018
Un ano máis, non vamos a facer nengún incremento automático de cuotas para o 2.019, a pesar de que o contrato de prestación de servizos si o permite.
Como xa fixemos en outras ocasións, vamos a regularizar as cuotas en función da carga de traballo e da responsabilidade económica da sua empresa ou actividade, especialmente aquelas que tiñan alguna redución durante iste ano.
De todos os xeitos quedamos a súa disposición para calqueira aclaración ou explicacións que nos requiran.
CAMBIOS PARA O ANO 2.019
Como xa saberán con efectos do 01-01-2019 aprobouse o Salario Mínimo dos Traballadores á 900 euros/mes de 14 pagas. Polo tanto as Nóminas que estén por debaixo desa cantidade vanse incrementar no mes de xaneiro do 2019.
Recomendamos que vaian vendo como vai repercutir na sua empresa, e que o teñan en conta nas negociacións dos novos contratos.
RECORDAMOS A OBRIGA DOS AUTÓNOMOS DE INCORPORARSE O SISTEMA RED A PARTIR DO 01-10-2018
Para aqueles que ainda non o fixerán a obriga dos traballadores por conta propia ou autónomos de incorporarse dende o 01 de Outubro o sistema RED para realizar os trámites no ámbito da Seguridade Social por vía electrónica, incluída a recepción e firma das notificacións.
REALIZACIÓN DE INVENTARIO POR PARTE DAS EMPRESAS
Como xa é coñecido, con efectos do 31 de decembro, as empresas deben de realizar un INVENTARIO das existencias e remitilos as nosas oficinas durante o mes de xaneiro, quedando a vosa disposición para calqueira aclaración.
DECLARACIONS 4º TRIMESTRE 2018
Solicitamos nos envien as facturas tanto de ingresos como de gastos correspondentes ao cuarto trimestre para poder realiza-las declaracións antes do día 15/02/2019.
No caso das sociedades deben enviarnos tamén os extractos bancarios ata o 31/12/18 para poder axustar as contabilidades.