Circular Xullo 2017
DECLARACIÓNS 2º TRIMESTRE 2017:
Deben remitirnos as facturas para realizar as declaracións do segundo trimestre do 2017 e no caso das sociedades deben remitirnos tamén os extractos bancarios ata o 30/06/2017.
Recordamoslles que as declaracións se envian a través de internet a A.E.A.T., polo que se reduce o prazo para a presentación dos trimestres, pasando do día 20 de cada trimestre o día 15, polo tanto deben remitir a documentación o antes posibel pois do contrario as declaracións poderán ir presentadas fora de prazo.
ACTAS E DECLARACIONS DE SOCIEDADES E DEPOSITOS CONTAS 2016:
Durante o mes de xullo, deberán asinar as Actas da Xunta Xeral celebrada no mes de xuño, de aprobación de contas que teñen que asinar todolos socios para incluilas no libro de actas.
Ademáis depositaranse as Contas Anuais do 2016 no Rexistro Mercantil, estas terán que ser asinadas polos Administradores e pagarase unha tasa en torno aos 38,75 euros, que pasaremos ao cobro na factura do mes de agosto. O mesmo tempo ata o 26 de xullo haberá que declarar e ingresar o imposto de sociedades na cuantía que xa lle informamos no seu día no caso de que lle resultara a pagar.
XORNADA INTENSIVA DAS OFICINAS A PARTIR DO 19 DE XUÑO:
Recordamoslles que a partir do luns día 19 de xuño, iniciamos a xornada intensiva de verán cun horario de 8 da mañá ata 15:00 da tarde.