Asesoría Bieito acompaña ás empresas do país ofrecendo solucións de consultoría empresarial en xestión, organización e mellora de empresas desde 1989.
Toda empresa necesita dun seguimento regular e mais ainda nestes tempos de contínuos cambios. As nosas análises identifican problemas, propón solucións que reportan unha maior rendabilidade e datos para a correcta toma de decisións. Acompañamos a traxectoria dos nosos clientes para levalos polo camiño da eficiencia e rendabilidade. Se se trata dunha empresa de nova creación, a definición correcta do proxecto é a clave principal do seu suceso futuro.
Asesoría Bieito proporciona unha visión obxectiva e profesional das diversas situacións complexas polas que pasa unha empresa. O noso coñecemento profundo tanto da realidade empresarial como da realidade social fainos idóneos para formar unha visión global e profundo da situación da corporación e o lugar que ocupa no mercado. Estes datos son vitais para efectuar unha mellora no rendemento como a propia definición de viabilidade da empresa.
O noso equipo de expertos terá en conta un amplo espectro de situacións actuais e futuras, para ofrecer solucións viables e seguras. Este diagnóstico inclue a mellora na eficiencia a nivel interno como os posibles recursos externos para impulsar a súa empresa, xa sexan subvencións, trámites ou calquera tipo de axuda da administración.
Esta área de consultoría abrangue unha serie de servizos pormenorizados:
- Diagnosis da empresa, detectando as súas necesidades
- Definición do Plano Estratéxico e o plano de actuación-execución
- Sistema de Control e Seguimiento Económico – Financeiro
- Optimización de Costes con orzamentación de gastos
- Organización e optimización de recursos internos
- Captación de axudas externas adaptadas á empresa