Info COVID-19: Subvencións da Deputación
Xa se publicaron as Subvencións da Diputación de Ourense para a provincia a excepción do Concello de Ourense.
Como xa lle informamos o lúns, poderán beneficiarse delas os que estén a recibir á Axuda de Autónomo(Mutuas) e outras empresas que cumpran unhos requisitos. Nesta semán enviaremos información e indicacións de como proceder. Suxerimos que esperen a recibilas antes de contactar con nós.
Hai 2 incompatibles entre si, para todos que teñan de alta actividade (IAE) en calqueira Concello da provincia , salvo o de Ourense, prazo para tramitalas ata 9 de xuño sin que se establezan prioridades por orden de presentación:
AUTÓNOMOS: que sexan titulares da actividade, exclúense os colaboradores e os que xa recibirán a prestación de autónomo que pagan as Mutuas, ainda que sexan autónomos societarios. Cuantía de 600 euros.
DOCUMENTACIÓN: Formulario solicitude, Certificación Censal, Resolución concesión Mutua, Escrituras (se é sociedade) e Certificado de conta bancaria.
Só nos ten que enviar por correo electrónico a súa Responsable o certificado da conta bancaria onde se vai cobrar. (O Custe de tramitación será de 50 €.)
- Si se cumple os requisitos desta Subvencións ten que solicitarse, e non a de Pemes.
PEMES: Persoa física ou Xurídicas con actividades que non facturaran máis de 1.000.000 € no ano 2019, e que o 14 de marzo tiveran menos de 10 traballadores, e que os ingresos entre 14 de marzo e 30 de abril non chegaran ao 50% da media mensual do 2019. Cuantía a repartir o crédito entre todos os solicitantes: non se sabe pero cun límite de 1.000 €. DOCUMENTACION: Formulario-Solicitude, Certificación Censal, TCs marzo, Modelo 390, Libro de Rexistro de facturas, Si procede copia de Escrituras e certificado da conta bancaria. - Só nos ten enviar o certificado do banco por onde queren cobrar e as facturas emitidas que fixeron no mes de abril do 2.020.( O custe de tramitación desta será de 70 €)
Si non nos envían o certificado, e no seu causa as facturas de abril, non podemos tramitalas, entendendo que non queren solicitalas. Iremos informando cando a solicitemos e cando nos informen da súa Resolución. Faremos seguimento e estaremos pendentes da súa xestión.