Novas

Información de interese

Información COVID-19 01/03/2021

Trala publicación da orde do plan de Hostelería Segura, establécese que a partir do venres 5 de marzo os establecementos deberán ter un cartel onde se especifica o aforo do local en situación de normalidade e na situación actual, tamén terá un código QR que os clientes escanearán coa aplicación PassCOVID. Este cartel está dispoñible para a súa elaboración na plataforma de: https://turespazo.turismo.gal/es

Adxuntamos aquí a guía rápida da plataforma para facer o cartel. Son 7 pasos explicados de forma sinxela.

Para acceder a plataforma Turespazo hai que estar dado de alta. Para darse de alta na plataforma pedirán os datos do negocio e tamén “Sinatura”. Para cumplimentar este campo de sinatura terán que collela das follas de excel que imos a enviarlles tamén. Hai 3 follas de excel: restaurantes, cafeterias e cafe-bar. Na que lle corresponda segundo o tipo de negocio, atoparán o seu co seu número de sinatura.

Se teñen algunha dúbida, a Xunta pon á disposición do cidadán o teléfono 012.

Un saúdo,
Asesoría Bieito

image_pdfimage_print