Información COVID-19 03/05/20
Esta tarde acaban de publicar no BOE a orden na que se regula o funcionamento dos establecementos de comercio, servizos profesionais(peluquerias), hosteleria-restauración que queiran abrir na Fase 0 do descalamento, que empeza a partir de mañá dia 4 ata o 10 de maio,e esta dice:
COMERCIOS E SERVIZOS PROFESIONAIS(PELUQUERIAS)
1º. Só poden abrir establecementos de menos de 400m2, que non teñan carácter de centro ou parque empresarial.(Non teñen entrada independente dende o exterior).
2º.- Terá que establecer un sistema de cita previa que garantice que só poida estar un cliente no interior por cada traballador ca debida separación ou utilizando mamparas.
3º.- Debese marcar unha preferencia para persoas maiores de 65 anos que coincida ca franxa horario de permisos para paseos deste colectivo.
4º.- Poderán establecerse sistema de recollida de productos evitando aglomeración no interior e accesos.
5º.-Os clientes poderán ser do concello onde residen ou doutros que non existan estes establecementos.
6º.- Deberán respectarse e ser estrictos nas medidas de hixiene e prevencións para clientes e traballadores que poden comprobar na orden.
ACTIVIDADES DE HOSTELERIA E RESTAURACIÓN
1º.- Pódese realizar actividades de entrega a domicilio ou recollida no establecemento dos pedidos feitos polos clientes por teléfono ou on line, fixando a hora de recollida e evitando aglomeracións, permanecendo o establecemento pechado no resto do tempo.
2º.- O establecemento habilitará un espazo de recollida dos pedidos e cas medidas de protección con mostradar ou mamparas que garanten a separación. Prohibindose o consumo ou servizos no seu interior.
3º.-Si o establecemento conta con puntos de pedido e entrega dende o vehículo pode mantelos.
4º.- Si no establecemento se pode garantizar a separación mínima entre os clientes, debe indicarse con carteis e señales no chan quedando clara a diferenciación que terán que ser atendidos por traballadores distintos. No caso de que non sexa posible, só poderá atenderse a un cliente que é o úneco que permanecerá no establecemento o tempo mínimo posible.
5º.- A orden establece medidas de hixiene e prevención para traballadores e clientes.